Davo asinou un doblete que valen tres puntos.

Chegaba o día. O CD Choco esperaba o partido contra o Ourense CF coa intención de facer pleno para revertir a situación e regresar á senda da vitoria. Para elo, Gonza contaba con todo o plantel a súa disposición máis finalmente optaría para o once de incio Cortegoso na portería, Samu, Elías, Alberto Suárez, Comis, Davo, Félix, Antón, Guille, Iano e Oscar Gil.

Por parte do Ourense CF; Juanvi, baixo paos, William. Braganza, Sanchís, Ebuka, Ces, Jerín, Wadir, Ernesto, Hassane e Cassio.

Coomezaba o partido cun Choco moi enchufado e xa nos primeiros intres deixaron claras as súas intencións de non deixar escapar os tres puntos da xornada. No minuto 4 Oscar Gil tivo a primeira no seus pés tras un gran pase de Félix  pero no man a man con Juanvi perdeu dita parttida.

Logos de idas e venidas ás áreas rivais, sería o Ourense CF quen poría entre as cordas ao CD Choco no minuto 15 cuxa resposta a obtuvo de novo de Oscar Gil no contraataque e no que non atinou a metela dentro. Seguía insistindo os de Gonza na portería de Juavi, por medio de Comis pero o gol que non chegaba.

No 28 Davo rompería a saca a favor dos seus, tras un pase interior ao área de Óscar Gil subindo así o primeiro do partido e da súa conta particular porque na tarde de hoxe aínda marcaría o segundo un pouco antes do descanso tamén a pase de Oscar Gil.

Final da primeira parte: CD Choco 2- 0 Ourense CF

 Tralo paso por vestiarios a tónica sería a de os locais aguantar o resultado entrementres o Ourene buscaba dar volta a un resultado, situación que se asemellaba complexa para os ourensás quenes só tiveron unha ocasión clara neste segundo tempo. Tampoco os de Gonza crearon ocasións pero o resultado lles favorecía.

Final do segundo tempo: CD Choco 2-0 Ourense CF