O xogador procede do equipo portugués de Montalegre

Recén chegado do país veciño Iano Simón Da Silva chega a Galicia, máis concretamente a Redondela, para vivir en primeria persoa a liga da Terceira División galega. O CD Choco será dende hoxe o seu novo club, procedente do Montalegre, equipo da liga lusa.

Neste primeiro contacto co club choqueiro, Iano amósase “moi feliz e con moitas gañas de xogar aquí porque o campionato portugués e moi complicado”. Sabe que non será sinxelo facerse un hoco no equipo redondelano, en donde coincide con un compatriota, Nelson (presentado a pasada semana) pero Iano asegura que ben disposto a ser el que complique o posto dos seus compañeiros “quero mostrar a miñas cualidades, espero que vaia todo ben para demostrar todo o que podo dar”. E chega coñecendo o equipo no que recala do cal opina que “gústame moito o traro de balón que ten porque eu disfruto coa pelota nos pés”.

Aínda que son poucos os días que leva en Galicia, a medida que o tempo pasa, máis son as gañas que ten de “empezar para coñecer aos meus compañeiros e aprender de todos eles, pois estou aquí para eso para crecer e xogar”. Iano só desexa que “a próxima tempada vaia ben tanto para mín como para o equipo”.