O adestrador do recén ascendido á División de Honor e dos Cadetes B, Hugo Álvarez, amosase moi contento pola tempada de ámbolos dous equipos aínda que recoñece que o Xuvenil “superou tódalas expectativas”. De seguir frente a este equipo, sería a primeira experiencia do Hugo nesta categoría.

En primeiro lugar noraboa polo ascenso á División de Honor… cómo estás a vivir este momento? Gracias, pois a verdade que dunha maneira atípica pola situación actual, pero a vez moi contento porque os rapaces fixeron un esforzo enorme durante todo o ano, e creo que falo en nome tanto de Alberto como de Pablo ou Manolo cando digo que nos fixeron desfrutar moito.

Que se sinte ao ser parte da historia do club? Orgullo, pero máis felicidade se cabe por axudar a cumplir o soño de moita da xente que nos rodea, que leva moitos anos detrás de este obxectivo.

– No teu caso como adestrador de dous equipos base, a liga regular rematou. No caso do Xuvenil xa sabemos resultado mais do Cadete B non, como valoras a tampada deste equipo? Moi positiva a verdade, son un grupo maravilloso, conseguiron mellorarse día a día, como colectivo e de maneira individual. Moitos deles sorprenderonnos, e creo que o poderían seguir facendo.

– Dúas categorías completamente diferentes… entendo que a maneira de adestrar a cada unha delas tamén… cales son os contidos traballados e de que maneira se xestionan dous grupos tan dispares? Está claro que o nivel de esixencia respecto a competición non e o mesmo, incluso xa comezas a ter en conta aspectos dos rivais, aínda que ambos se siguen formando, en Cadetes quizais continuas ese periodo preparatorio e en Xuvenís mais de desenvolvemento e potenciación para o rendemento.

– Que é máis compricado, ou en positivo máis sinxelo, adestrar a os máis pequenos ou aos máis maiores? Creo que cada categoría ten a súa dificultade, por pór un exemplo no caso dos Cadetes a idade e as distraccións continuas que poden ter, xunto cas facilidades das que dispoñen no día a día, que poden xerar frustración se non consiguen obxectivos de maneira inmediata, en cambio nos Xuvenís unha pode ser o querer modificar comportamentos os cales están habituados durante moitos anos, intentar que cheguen o mellor preparados no paso a senior….. Non sabería quedarme con unha.

– Que obxectivos te tiñas marcados con os dous equipos, e se cres que os conseguiches o incluso o dos Xuvenís superou as túas expectativas?. Quizais o Xuvenil superou as expectativas, pero incluso no día a día, a forma de adestrar e a constancia é difícil de atopar. Respecto ao Cadete o inicio foi complexo incluso creemos que moitos xogadores non contaban cas ganas ou actitud que deberían ter o vir adestrar, se de algo estou contento e de que creo que lles facilitamos que iso cambiase, intentamos que se divertirán adestrando e en consecuencia que fosen de menos a máis. Gran parte de culpa disto é de Davicin, o cal xa coñecía a malloría de xogadores e fixo que todo fose máis fácil á hora de traballar.

– Esixes o mesmo a estos dous grupos? Penso que dentro das suas competencias, pero sí, hai un minimo que debe darse en calquera categoría ou incluso ámbito. Doulle moito valor ao tempo, e máis nesas idades creo que deben aproveitalo o máximo. A actitude, esforzo, traballo, responsabilidade e sobre todo os valores para ser boa persona que deben estar sempre presentes.

– Esíxeslles resultados? Non, xa que non só depende de nós, pero si o nivel competitivo.

– Que lle dis antes dun partido? Sobre todo que teñan personalidade e que disfruten, iso debe quedar tan claro como as indicacións do xogo.

– Qué destacarías dos dous equipos como grupo humano e deportivo? Sin dúbida, o compañerismo. En ambos equipos a relación entre eles paréceme moi boa. En xeral creo que conseguimos un ambiente positivo nos dous e isto é clave. A nivel deportivo, a capacidade de adaptación aos distintos estilos, campos…

– Nunha tempada atípica coma esta con qué te quedarías? Quedaríame co exemplo que moitos xuvenís lle deixan aos rapaces da base, xa que varios chegaron de frecuentar ligas provinciais ou locais e súa progresión e rendemento foi máis que alto, o resultado o demostra. Por tanto como lle recalco aos Cadetes neste caso, o que queira, sempre está a tempo, iso si, hai que querer de verdade.

– Son os memos os valores que lles trasmites aos dous equipos? Sí, penso que e o ABC do deporte, e a vez tamén penso que se estan perdendo moitos deles.

 – Finalizada a tempada nas categorías base, aínda se está por ver si se xogan os play off, tal e como está a situación cómo ves esta posibilidade? Vexo complicado que poidamos xogalo, como xa falamos co grupo, o seu traballo e crecemento esta ahí, pero a situación oblíganos a pensar que o primeiro é  que eles e as suas familias estén ben.

– Non sei se ao inicio do ano escolar tendes planificado o aprendizaxe dos equipos según categorías ou eso a mesma competición é o que a marca… pero preguntome sobre todo na categoría cadete en plena formación, ao ir por idades, moitos dos rapaces cambiarán de categoría sin adquirir coñecementos propios da categoría na que xogaron este ano. Como ides proceder para a seguinte tempada? Si, os contidos que periodizamos ao principio víronse acurtados. Penso que tamén afectará sobre os cambios físicos da idade. Coñecementos e adaptacións as cales teremos que ter en conta e coidar de maneira especial. A comunicación entre adestradores paréceme básica neste aspecto.

 – Sempre adestras aos mismos rapaces? Refírore que se cambian de categoría subes con eles o prefires cambiar sempre? Adestrei de ámbalas duas maneiras, de todas formas penso que o exceso de anos cun mismo equipo pode ser perxudicial para o adestrador e para o xogador,  distintas relacións, comportamentos…, axudan o crecemento de ambos.

 – Cantas tempadas levas no Choco como adestrador? E a que categorías adestraste con anterioridade? Esta e a segunda, o ano pasado soamente estaba co Xuvenil A.

 – Sempre adestraste no Choco? Non, adestrei durante 10 anos en Tomiño.

 – Fuches antes xogador que adestrador e se a resposta é positiva …. cres que é algo fundamental ou que axuda a hora de trasmitir os coñecementos? Sí, e penso que algo pode axudar, sobre todo para poñerte na pel do xogador e como se pode sentir nalgún momento. Tamén penso que non é fundamental, porque a experiencia vaise adquirindo.

 – Seguirás na próxima tampada adestrando aos equipos deste ano? Non o sei, será algo que teñamos que falar co clube.

– Imaxino que con ganas de retomar os adestramentos…. tal e como están as cousas cres que será posible máis pronto que tarde? E cres que cambiará definitivamente a maneira de adestrar? Sí, penso que despois do que pasamos, correr riscos e innecesario. E supoño que cambiaran moitas cousas, incluso no día a día de calquera.

– Cres que empezarán as tempadas como sempre ou se retrasarán? Penso que se retrasaran, esperemos que non demasiado, seria señal de que se fixeron as cousas ben.

 – O fútbol base goza de boa saúde en Galicia en xeral e no Choco en particular? Penso que sí, cada vez os adestradores están mais formados e as condicions nas que os rapaces adestran melloraron moito. E no caso do Choco, tanto a directiva, como na coordinación con Marcos durante moitos anos e con Michi ahora, esta dando seus frutos ano a ano, nada é casualidade. E o ambiente de traballo é moi bo.

O clube está empezando a preparar a seguinte tampada, polo que pronto saberemos se Hugo Álvarez segue ao frente do Xuvenil A junto a Alberto Fernández e Pablo Couñago.