O técnico de Mougás recupera da enfermería a Mario y Calo e tamén a Yerai que xa cumpriu a sanción. 

Este domingo o CD de Choco ten unha nova oportunidade, ás 17.30 horas, no Campo Municipal Santa Mariña, para retomar a senda da victoria. Para iso terá que medirse ao CSD Arzúa décimo clasificado, a dúas victorias do bloque redondelano. O adestrador do club choqueiro, Gonza, é consciente no só da importancia do choque senó tamén da súa dificultade “é un partido moi importante onde se nos presenta unha nova oportunidade de sumar 3 puntos. Creo que estamos traballando moi ben durante toda a semana polo que estamos preparados para conseguilos. Aínda que o Arzúa intentará poñernos as cosas moi difíciles xa que son moi perigosos en varias situacións de xogo”.

Ambos bloques veñen de perder os seus repetivos choques da pasada xornada. Os locais contra o RC Villalbés por 0 goles a 1; mentres que os visitantes caerían no seu propio feudo ante o CD Pontellas por 2 goles a 3. Os de Gonzalo non coñecen a vitoria dende fai dúas xornadas razón pola cal o técnico de Mougás percibe “as ganas de gañar” do seu equipo e “e de sentirse cómodo no campo”; motivo de abondo para “dar o noso mellor nivel e conseguir esa comodidade no xogo”. Por eso nos asegura que “intentaremos dar o noso mellor nivel para achegar o partido a onde nos interesa e lograr a comodidade co balón, xerar ocasións de gol e xogar moito no campo rival co fin de controlar o encontro”, coméntanos Gonza.

A semana de adestramentos “trascurriu ben, tal y como ven sendo hasta agora. O nivel que o equipo está mostrando en cada unha das sesións é moi alto” asegura o mister do Choco. E como todo traballo, safricio e esforzo ten a súa recompensa esperemos que sexa este domingo cando chegue. A falta de un día para o partido, Gonza nos comenta que xa “temos ganas de que chegue a hora de saltar ao campo para cambiar a dinámica, en canto a resultados, de estos dous últimos partidos”.

Fundamental será o papel da afición pola necesidade do equipo de sumar estos 3 puntos “porque sin el todo é moito máis complicado”, recoñece Gonzalo que quere “seguir sendo forte na casa como a tempada pasada e como hasta agora”.

Gonza non poderá contar co plantel completo pero sí recupera a Yerai, que cumpriu sanción, e a Mario e Caloi que estaban lesionados.