O técnico do CD Choco analiza a rolda de prensa o vencemento ante o CSD Arzúa por 1 gol a 2.

Na tarde de onte, o CD Choco saltaba ao Campo Municipal de Santa Mariña co obxectivo de por fin a súa racha negativa e recuperar as boas sensacións. Para isto urxía unha reconciliación do plantel choqueiro co gol e aínda que Aitor marcaría o gol do empate, case ao termo da primeira metade, foron moitas as ocasións que non materializaron.

1-2 foi o resultado final dun partido no que os de Gonza mereceron moito máis, sen embargo, e fóronse de balde sen recompensa ao esforzo por terceira xornada consecutiva.

Falamos co capitán de abordo do navío choqueiro, o técnico de Mougás, Gonza, en rolda de prensa tralo choque contra os arzuanos. “Creo que a primeira metade do Choco é moi boa na que xeramos catro ocasión clarísimas de gol e deberíamos irnos ao descanso cun marcador favorable”. Sen embargo fóronso aos vestiarios con un empate a un, aínda que un tempraneiro gol da segunda metade esborrallou todas as ilusión do plantel redondelano “temos que seguir e intentar crecer neses minutos e seguir facendo o que estamos a facer porque, penso, estamos no camiño”, explica o adestrador que engade “o que intentamos propor leva o seu risco, ademáis dun desgaste importante e ao final o que queres e velo reflectido no marcador. Queremos levar o peso do partido, queremos ter o balón e xerar ocasións, cando logramos todo isto e non fas gol, logo de intentalo unha e outra vez, fanche o 1-2 e os xogadores decaen e isto é o que non nos podemos permitir”.

Unha vez feita a análise Gonza cree que a clave do encontro estivo no “1 a 1 porque a eles deulle opción de crer no que estaban facendo e nós fillemos demasiadas ocasións de gol como para perder”. Pero así é o deporte aínda que doa “e duro marchar cunha derrota cando, para mín, na primeira metade o resultado xusto sería, mínimo, 3. De tódalas maneiras o empate era o xusto, son rachas do fútbol, e temos que ser conscientes de onde estamos e cómo estamos”. Efectivamente, aínda que os ventos no sopran a favor o CD Choco segue nos primeiros postos da clasificación. Máis concretamente de quinto, empatado a puntos (16) co CD Barco “estamos nunha situación clasificatoria moi boa” sinala Gonzalo que recalca a importancia do partido da vindeira semana “temos que pensar na importancia de sacar unha vitoria na próxima contenda e enfocar todo o traballo de esta semana para poder lograla. evidentemente agora estamos nesa racha na que todo ven do revés e é compricado; pero hai que seguir para adiante, seguir adestrando e pensar xa no partido contra o Paiosaco”.

Se ollamos cara atrás “nos partidos do inicio da tempada non estábamos tan ben con balón como agora, entón, aínda que hai moitas cousas que mellorar estamos no bo camiño para deixar atrás esta racha porque evidentemente nin antes éramos tan bos nin agora tan malos”, conclúe Gonzalo.