O xogador redondelá foi o autor do segundo tanto choqueiro, Sergio Santos sería o encargado de estrear o luminoso subindo o 1-0, cun tanto que valería 3 puntos.

Que non foi o mellor dos partidos disputados polo plantel choqueiro o saben todolos os siareiros que se achegaron ao Santa Mariña pero tamén o adestrador, Gonzalo Fernandez, que admitía en rolda de prensa “o mellor é o resultado. O partido non foi todo o bo que quixeramos, pero tamén estos hai que gañalos”. E como ben xa adiantara na previa para o plantel vermello, era un partido moi importante por a necesidade de “volver a gañar na casa xa que levábamos tempo sumando pero non cunha vitoria”.

E así fixeron. O CD Choco adiantaríase no marcador cun gol de Sergio Santos na primeira metade na que “estivemos moi desaxustados e eles sorprendéronnos dentro do seu plantexamento”; aínda ca alegría durou pouco xa que As Pontes empataría o encontro antes do descanso “fixemos o gol cando peor estábamos e non podemos conceder o empate”. Logo do tempo de lecer “correximos moitas cousas sobre todo a nivel defensivo, e isto propiciou que estivésemos máis cómodos”. E xa ben entrada a segunda parte cando se pensaba que o partido remataría en táboas, chegaria a xenalidade de Martin que roubaría os aplausos de propios e estranos cun gol de chilena.

O CD Choco sitúase na quinta praza da táboa clasificatoria con 40 puntos a un punto da cuarta e dous da terceira, pero o que é mais importante, a un paso de cara a certificación da permanencia, primeiro obxectivo do clube. “Estou contento polo esforzo que están a facer todolos xogadores, están todos moi enchufados e esperamos seguir neste camiño. Penso que estamos ben, que estamos no bó camiño, que podemos facer unha boa segunda volta, coa idea e chegar até onde a clasificación nolo permita”.

Martín destacou en rolda de prensa a boa xeira do seu equipo “con cinco partidos sen perder e dous deles sumando de 3 en 3 o que é moi importante”. Oero recoñece que o partido de As Pontes “foi un partido moi compricado no que na segunda metade fomos mellores”. Aínda que amosábase contento por ser o autor do tanto da vitoria “o importante son os tres puntos independentemente de que marque o gol ou non, con iso me conformo