Despois de tres anos ligado ao CD Choco, o adestrador Gonzalo Fernández e o seu segundo, 
Óscar Pérez, se desligan do proxecto redondelá.

Non quere dicir adeus senón que prefire entoar un “ata logo” porque a pesar de por fin a súa andadura como capitán do barco choqueiro, Gonzalo Fernández considera este club a súa casa. Pero como sempre acontece, chega un momento na vida na que temos que abandoar o niño que che veu medrar, para voar fóra do área de confort, e así o fará Fernández e  Pérez na próxima tempada.

Primeiro como xogadores e logo como adestradores. Tres anos fan xa que o club redondelano apostou por un xoven xogador, sen experiencia nos banquillos da terceira, para que se puxesen aos mandos dun equipo cos que coa maioría dos seus integrantes compartiran céspede; xa que moitos dos que ían dirixir como adestradores, foran compañeiros de vestiarios. Pronto se fixeron respetar por propios e estranos, eso sí sempre arroupados por unha directiva presidida por Iván Crespo.

Tres anos que deron para moito e nos que houbo tamén de todo, bos e e non tan bos momentos, pero que nunca se sentiu só.  E seguro que de todos eses intres considerados menos bos, éste, o da despedida sexa o máis complexo para eles, razón pola cal “isto non é un adeus”, confésanos Gonza.

A pesar de non querer nos tópicos, lles é imposible avanzar máis aló das cinco letras “Grazas”.  “É o único que nos ven a cabeza”, admiten. “Grazas, por darnos a oportunidade fai tres anos, sobre todo a Marcos, a Jou e ao Presidente. Grazas por deixarnos vivir esta experiencia e por compartir esta etapa maravillosa con nós”. “Grazas”, prosiguen, “aos directivos; a todos e cada un deles”. “Grazas á afición por respetarnos e apoiarnos en todolos momentos, sobre todos nos malos pero tamén nos bós porque facía que nos o disfrutásemos moito máis. Sempre fixéronnos sentir que estábamos a facer as cousas ben”. “E sobre todo grazas a todolos xogadores que pasaron polo equipo ao longo destas tres tempadas. Foi un pracer compartir o día a día con cada un deles, sempre agradecidos por facernos todo moito máis doado. Todo llo debemos a eles”. Gratitud que amplian ao resto do Corpo Técnico “aos que só lles podemos dar as grazas polo día a día, pola boa sintonía e pola tranquilidade de saber que éramos un bo equipo de traballo; todo isto terminaba por reflexarse nos resultados”.

 É un momento moi complicado pero voume moi contento e orgulloso cando boto a vista atrás e vexo todo o vivido en Santa Mariña”, engade Gonza; como orgullosa se sinte a familia choqueira por compartir este tempo con eles. Por iso agradecer a Gonzalo e a Oscar por estes tres anos na nosa familia, aos que lles desexamos a maiores das sortes tanto nos seus proxectos profesionais como persoais.

“Aúpa Choco”, estas son as derradeiras palabras dos técnicos coa equipaxe choqueira, mais como eles din, nos tampoco lles dicimos “adeus” senón un “ata logo”.