Alberto Suárez: “non estamos nunha situación grave xa que clasificatoriamente estamos ben”.

Esta fin de semana o CD Choco desprázase a Laracha para disputar a xornada 10 do actual curso ligueiro. Un campo compricado no que o plantel redondelano intentará recuperar a senda da vitoria polo que se presenta un choque moi importante para os intereses do equipo redondelano. “É un partido moi importante para poder cambiar a racha sobre todo de resultados e recuperar a confianza”, coméntanos Gonza, míster do CD Choco. Unha confianza que en momentos do partido vése mermeda porque “somos capaces de xerar ocasións que sen embargo non somos damos materializado e ves como tí necesitas moito para facer un gol mentres que o teu rival con nada e capaz de facerte un gol”, coméntanos Alberto Suárez, xogador co que falamos esta semana.

O encontro entre o UD Paiosaco e o CD Choco celebraráse este domingo ás 17.30 horas no Campo Porta Santa. Suárez recoñece que o equipo larachés “é un rival contra o que sempre nos costou moito sacar o partido adiante”. Idea compartida polo seu adestrador quen afirma que “no seu feudo é moi compricado sacar puntos porque é un equipo que preme moito, que se fai moi forte na súa casa pola súa afición”; aínda así se algo teñen claro e que “intentaremos sumar os tres puntos para seguir ahí arriba”.

 Polo que non cabe dúbida que o plantel choqueiro atoparáse cun rival “moi ben traballado e que sabe aproveitar moi ben os recursos que ten”, nos comenta Alberto Suárez ao que engade  Gonza “é un equipo moi físico que xoga a un rtimo moi alto e que obriga a estar moi atentos e te esixe moito en cada acción”. Motivos polos cales o plantel choqueiro terá que estar “moi concentrado e ter moi claro o que facer. A partir disto estar ben a nivel defensivo e crecer a nivel ofensivo”.

O CD Choco viaxa co ánimo de facturar os tres puntos da xornada que lle permitan seguuir estando nos primeiros postos clasificatorios. Aínda que “non estamos nunha situación grave xa que clasificatoriamente estamos ben, somos quintos a un punto do cuarto. Estamos na parte alta da táboa xunto con clubes que nos duplican o presuposto”, dinos Alberto quen recoñece que non están na súa mello racha pero que “son dinámicas que pasan ao largo da tempada polo que non hai que darlle máis voltas”. O xogador sabe que “o que temos que facer e intentar mellorar esos pequenos matices que nos fan perdelos partidos”. Matices como “a balón parado, ser constantes na nosa forma de xogar durante todo o encontro…, porque nos están a penalizar”.

Tres son nos que non lograron puntuar e dos cales adestrador e xogador opinan que “non merecíamos esos resultados” por eso Gonza asegura que “os xogadores están desexando cambiar a dinámica, vamos a pór todo da nosa parte para que isto ocurra e creo que é un bo momento para poder experimentar ese cambio e que se reflexe no resultado”.