Este domingo arranca a competición ligueira cunha primeira xornada nna que o CD Choco recibe ao Club Rápido de Bouzas, o domingo ás 17.00 horas en Santa Mariña.

Este domingo arranca a Liga en Terceira División logo de 7 meses sen competición. Nunha tempada que estará marcada pola pandemia. Logo dunha pretempada atípica, na que finalmente se puido adestrar con certa normalidade e incluso disputar encontros amigables, falamos con Gonza sobre as sensacións que ésta lle deixou.

“Foi unha pretempada moi boa, máis alá dos resultados e aínda que as sensacións son boas a verdade é que estamos lonxe de poder estar ao mellor nivel”. Unha marxe de mellora que sempre é boa sobre todo tratándose do inicio da tempada. Unha competición que comeza este domingo e na que, nesta primeira xornada o CD Choco recibe ao Club Rápido de Bouzas ás 17.00 horas en Santa Mariña.

Gonza confesa que “estou moi contento coa actitude dos xogadores. Temos boa dinámica de traballo e os xogadores están asimilando ben os conceptos”, aspecto importante e máis tratándose dun plantel con moitas caras coñecidas “é un plantel diferente ao da pasada tempada polo que temos que manexar un rexistro diferente e ir adatando aos novos xogadores ao noso sistema para poder conseguir un equipo máis completo”. Gonza é optimista ao respecto “creo que cada día vamos crecendo como equipo” e ademáis “que chegamos con bo ton físico ao domingo e ben para competir”. O Domingo, o día sinalado para que empece a liga “sabemos que empeza o bonito, a competición e os puntos que nos xogamos cada xornada que é para que adestramos todo este tempo”.