Esta fin de semana dará comezo a segunda volta na que o CD Choco xogará a domicilio en A Coruña contra o RCD Fabril. Pero antes de enfrontar este partido, analizamos xunto a Gonza o papel choqueiro ata a fecha.

Chegado a esta altura do curso ligueiro falamos con Gonza, técnico de Mougás que é quen está ao fronte do navío choqueiro. Avanzados ata a mitade da travesía do campionato 19/20 analiza esta primeira volta no que o seu equipo terminou con 31 puntos a 3 do play off e moi preto de conseguir o obxectivo inicial, que non é outro que a permanencia e así nolo recordaba o míster “o noso obxectivo dende o inicio nesta primeira volta era a de sumar o mayor número de puntos posibles para achegarnos ao máximo posible a permanencia. Pero acabar a tres puntos do play off é para estar contentos”.

Aínda que dende o club, nin tan sequera queren plantexalo, pois o primeiro é o primeiro, vistos os números do plantel vermello non sería ninguna tolería aspirar máis alto. “Penso que os 31 puntos están moi ben nunha liga tan competida coma esta e ben é certo que nos pón nunha moi boa situación de cara a poder coseguir o noso obxectivo. Unha vez alcanzado xa haberá tempo para saber ata onde chegar”.

Se voltamos a vista atrás, aló polo mes de agosto cando dou comezo a pretemporada seguramente ninguén, nin os máis optimistas incluso, apostarían polo gran comezo do equipo vermello no arduo camiño da Terceira División.

Un clube modesto pero non por elo con menos ambición e ganas de facer historia, e con el todolos seus siareiros que cada xornada escriben unha línea do que é o libro do equipo redondelano. “Non hai que esquecer que somos un club modestos e aínda así estamos cos verdadeiros trasatlánticos desta categoría, que son os que están na zona de promoción de ascenso, o que significa que estamos facendo as cosas ben o moi ben”. E para seguir nesta dinámica para Gonza é fundamental “manter o ritmo e o nivel que é o único que nos pode garantir seguir inmersos nesta boa dinámica”.

En definitiva, Gonza non dubida en amosarse moi contento pola primeira volta do seu equipo e non é de estrañar.

Obervando a táboa clasificatoria os números nos din que o CD Choco é máis forte fóra que no seu propio feudo, sendo a domicilio onde sumou un punto máis que en Santa Mariña con cinco vitorias fóra fronte a catro aínda que as derrotas son máis numerosas fóra da casa que no feudo redondelano. Tamén é máis efectivo fóra con 29 dianas que na casa, con 19 goles; “houbo momentos moi bos nas primeiras xornadas cun moi bo comezo de liga onde fomos capaces de ir líderes durante varias xornadas”, recorda Gonza. “Logo pasamos un pequeno tropezo non que quizáis non estábamos no noso mellor momento futbolístico pero aínda así non deixamos nunca de competir”.

Esta fin de semana dará comezo a segunda volta e o equipo Redondelano faino fóra tal e como rematou a primeira. Angosto parece o camiño que aínda queda por percorrer “agora ven o máis complicado pero o afrontamos, ademais de con o colchón de puntos acadados, coa boa sensación de xogo, do nivel ao que estamos a competir cada partido e de como estamos adestrando”. Ao que hai que sumar que “as lesións nos están respetando e esperamos que así sega sendo”, toquemos madeira.

En definitiva e para concluir razóns non lle faltan ao adestrador para evaluar con notable alto ao seu equipo “un 8 porque estamos a competir moi ben pero quero esixirlles un pouquiño máis porque temos un marxe de mellora que temos que conseguir”.