O lateral esquerdo chegara ao club redondela no mercado de inverno procedente 
do UD Ourense.

Aínda que non se confirmou a data de comenzo da competición ligueira, o Club Deportivo Choco da os derradeiros coletazos na perfilación do equipo de Terceira División.  Neste caso optaron pola renovación do xoven xogador, Gabriel Jar, lateral esquerdo que chegaba no mercado de inverno da pasada tempada proveniente do UD Ourense.

Logo de asinala renovación o xogador amosábase moi contento por chegar a un acordo coa entidade redondelá que une a ámbalas dúas partes unha tempada máis. Ao igual co resto o xogador manifestou as ganas que ten de volver a adestrar e de resarcirse da pasada tempada onde, pensa, merecimos moito máis do acadado.