Gabi Misa: “Para min é un pracer voltar a onde foron os meus inicios”

Xa se sabe que coa chegada do novo ano renóvanse obxectivos e propósitos e quizáis así fixo até o que hoxe foi un xogador choqueiro, Gabi Misa, quen se pon fin a súa etapa choqueira logo de tres tempadas, esta sería a cuarta vestido de vermello.

O Valladares será o seu novo equipo e Gabi amosábase contento por volver as súas orixes “voume ao Valladares que de onde son polo que é un pracer voltar ao onde foron os meus inicios” . E marcha co obxectivo de axudar ao seu novo equipo “a conseguir a salvación” e a nivel persoal volver a “disfrutar do fútbol”.

Probablemente non foi unha decisión moi doada pero sí meditada. Hai ocasións nas que se dan unha serie de circunstancias que en certa medida non te deixan opción e quizáis fose este o caso de Gabi “aínda que estaba moi contento tanto con corpo técnico coma co equipo, a miña lesión, que logo cando volvín a traballar co equipo estaba moi lonxe do nivel do mesmo, o meu traballo.. Creímos que o mellor era buscar unha solución e así o fixen, penso que é boa para mín e para o equipo ”.

Se algo se leva na mochila o xogador  da etapa choqueira é “grandes amigos” e se algo está Gabi co equipo é “agradecido coa directiva e coa afición por como me trataron dende o primeiro momento”; razón pola cal “deséxolle o mellor ao Choco porque foron tres anos e medio moi bonitos os que pasei aquí

Dende o club desexámoslle a mellor das sortes tanto no ámbito persoal como deportivo e agradecémoslle os servicios prestados.