O equipo de David Gueti enfrontou a ponte da Constitución cunha axenda completa; ademáis do compromiso ligueiro participou no Torneo Iternacional Tucho de la Torre.

Semana atípica na axenda vermella da categoría Alevín A que esta fin de semana ademáis de enfrontar o compromiso ligueiro ante un rival directo na loita por xogar o Campeonato galego, o Areosa no que finalmente perderon aínda que están nos postos altos da clasificación, participaron na 6ª Edición do Torneo Internacional Tucho de La Torre en Marín.

Os Alevíns chegaron até cuartos de final e disfrutaron de partidos contra grandes equipos coma o Deportivo da Coruña, Oporto, Rayo Vallecano e Real Oviedo. Razón pola que os rapaces choqueiros amosábanse moi ilusionados tal e como nos conta o seu adestrador David Gueti quen lles aconsellou que “disfrutasen da experiencia e aproveitasen a oportunidade que lles brindaba o Torneo”. David presume dun “gran equipo, moi competitivo” que está a facer unha boa tempada.

Ademais do estrictamente deportivo, este tipo de Torneos serven para a convivencia cos propios compañeros de equipo e cos equipos rivais, poñéndose en alza a aprendizaxe  dos valores que durante todo o ano os adestradores da canteira chaqueira tratan de transmitir aos seus xogadores.

Independentemente dos resultados acadados, o que é seguro e que o bloque alevín viviu un fin de semana diferente na que a ilusión foi o único que non perderon.