Razón polo que o adestrador do Infantil C e o Alevín B intenta ser o máis homoxéneo posible a hora de repartir os minutos de xogo entre todolos xogadores.

Este é o primeiro ano de Fernando Boubeta no club redondelano como adestrador dun equipo base. Neste caso son dous aos que adestra, Infantil C e  Alevín B, aínda que xa ten experiencia noutros clubes nos que, incluso, adestrou en categorías máis avanzadas. E que Fernando sempre quixo ser adestrador e aínda que non pensaba que este desexo o cumpriría tan xoven recoñece que “agora que o conseguín penso que me gusta máis que xogar”.  Porque Boubeta foi antes xogador que adestrador aspecto que considera moi importante para poder adestrar a un grupo “saber cómo funciona un vestiario dende dentro e o que sinte o xogador, é imprescindible á hora de xestionar mellor a un equipo”.

E precisamente esta experiencia é o que lle leva a saber que independentemente da categoría “as cualidades que debe ter un adestrador deben ser as mesmas” aínda que os problemas segundo a idade dos rapaces sexan diferentes; razón pola cal considera que o máis complicado de ser adestrador é “saber cómo levar a cada xogador, porque non hai unha fórmula secreta, cada rapaz é distinto e require atencións distintas”.

Fernando non esixe resultados aos seus equipos mais é consciente que xa están en idades na que a competencia e a competitividade sempre están presentes. E debido a presdisposición de todolos rapaces para adestrar “intento que ninguén quede fóra da convocatoria, é máis, o Alevín A axúdanos a completar a convocatoria de 16”. Aínda así, é complexo que todolos nenos xoguen por igual “ao rematar o ano sempre vai a haber rapaces con máis minutos acumulados ca outros, pero intento que a diferencia sexa a mínima posible. Persoalmente intento homoxenizar o máximo posible o tempo”. Porque Fernando pensa que competindo é a mellor maneira de que o rapaz evolucione “non se pode privar a ningún neno da posibilidade de mellorar”.

Pero sendo realistas nestas idades ao neno o que máis lle interesa é gañar “afétanlle as derrotas. A un rapaz nestas idades só quere gañar, non lle dan moita importancia si mellora ou non como xogador, ou eso pensaba eu cando tiña súa idade” e pensa que é aquí onde entra a responsabilidade do formador para “facerlles entender co resultado do partido é algo secundario. De feito dentro dun ano nin lembrarán no posto que quedaron na Liga, pero o que sí lles quedarán son os coñecementos adquiridos ao longo da tempada”. Ademáis dos valores que Fernando lles transmite que son a disciplina, respeto e traballo en equipo “porque son valores que van máis aló do deportivo”. Por eso pensa que os pais non deberían castigar ao rapaz sen ir adestrar porque aínda que entende que “a corto prazo causa un gran impacto no neno e seguramente sirva para conseguir o que os pais buscaban” á larga “o que conseguen e que o neno se alexe cada vez máis do fútbol e dos beneficios deste deporte. Sempre hai máis maneiras de castigar aos fillos sen que lles prohibas facer deporte”. Fernando recoñece que lle gustaría que todolos seu equipo fora os domingos as Santa Mariña a ver ao equipo Sénior, porque debe ser o equipo de referencia e parte complementaria á aprendizaxe.

Xa son moitas as semanas sen adestrar e cada vez menos ás posibilidades de retomar á competición. Nestes días de confinamento Fernando lles pide que “teñan paciencia, que queden na casa porque se somos todos responsables máis pronto que tarde poderemos recuperar as nosas vidas. A loita contra o COVID-19 no é só labor dos sanitarios senón tamén nosa”.