Con esta será a sétima nun club que xa considera “a miña casa”.

Nun ambiente familiar e baixo a broma ou non, quen sabe, de que este será o seu derradeiro ano como futbolista chegaba Félix Rial a Santa Mariña para firmar por unha tempada máis con equipo redondelá.

Félix, quen aterrizou en Redondela na tempada 14/15 procedente do Cultural Areas, cumplirá sete anos no club ao que xa considera como “a miña casa”. Baixo a batuta de tres adestradores, Rial disputou dous Play Offs e gañou catro Copas Deputación e así o lembraba o xogador quen porta unha mochila rechea de experiencias de todo este tempo na Vila dos Viaductos. E quizáis sexan todas estas vivenzas as que lle levaron a renovar o seu compromiso co equipo “estou moi contento por seguir un ano máis aquí en Redondela”. Como contento mostrábase o Presidente da entidade deportiva Iván Crespo que nos comenta a cerca do xogador “Félix da continuidade ao proxecto deportivo que iniciamos fai 8 anos a vez que aporta madurez aos xovenes xogadores que se irán incorporando ao equipo”.

O futbolista expresaría o seu desexo de voltar pronto ao terreo de xogo, e así llo pediría a Crespo “a ver se nos das unha sorpresa e nos chamas de aquí a uns días dicindo que xa podemos retomar os adestramentos”. Félix terá que esperar a ver cumprida esta petición porque ata o momento nada se sabe da data do comezo da competición.