Gonza: “De conseguir a vitoria o domingo estaríamos case matemáticamente salvados e poderíamos pensar en conseguir algo máis”.

Este domingo ás 17.00 horas o CD Choco recibe en Santa Mariña ao RC Vilalbés. Unha nova xornada na que os puntos fánse imprescindibles para a consecución da permanencia, e así fainolo saber Gonzalo Fernández, o mister do equipo redondelano “este partido é moi importante porque de sumar os tres puntos sería pasar dos 40 e case conseguiriamos a salvación matemática”. Ademais unha vitoria sería moi importante a nivel emocional xa que o plantel vermello “ratificaría a súa fortaleza na casa, de gañar faríamos case unha volta sen perder; o que é un dato moi importante para un equipo como o Choco”, comenta o míster choqueiro.

Pola súa parte, Félix, xogador co que falamos esta semana aseguranos que “o equipo chega ben a esta xornada e con moitas ganas de sumar os 3 puntos” e fala de volver a senda da vitoria trala derrota a pasada xornada ante o Silva no que “aínda que o equipo fixo méritos para gañar en Coruña, un par de accións desgraciadas xunto coa nosa falta de acerto, penalizounos”.

Agora a mente a teñen posta no seu próximo rival, o RC Villalbés. Un equipo que ben de gañar ao CD Pontellas e nunha boa dinámica “a verdade é que o rival vainos a esixir moito polo que teremos que levar o partido ao noso terreo. Teñen un bloque defensivo moi bo cun bo contrataque, xa que teñen xogadores moi rápidos e físicos e temos que intentar controlar estas situacións. Ademais temos que conseguir sentirnos cómodos e dominar o balón”, comenta Gonza. Para Félix a clave estará “en estar moi ben trala pérdida do balón e que non lancen de maneira fácil. Con balón, debemos ter paciencia e buscar ser un pouco máis verticais nos derradeiros metros”. E que trala semana de adestramentos o xogador sabe que o Racing Club Villalbés é “un equipo moi vertical trala recuperación, un equipo que sen balón é moi agresivo, razón pola que provoca moitas perdas da pelota”.

O domingo é a cita para a que Gonza fai un chamamento a afición “para que nos axude porque de conseguila permanencia matemáticamente aínda temos 11 partidos para conseguir algo máis, e intentar meternos en play off seria algo moi bonito”.

Félix xa volve a entrar nas convocatorias logo de estar unhas xornadas apartado do terreo de xogo por unhas molestias que lle impedían adestrar con normalidade “pouco a pouco estou a coller adestramentos e minutos para recuperar o ritmo dos meus compañeiros e desta maneira poder axudar ao máximo