A sorte quixo enfrontar na decimosexta xornada ao CD Choco e Alondras CF á que chegaban en sexto e sétimo lugar respectivamente. Prevíase un partido moi competido pero logo dos 20 primeiros minutos, o CD Choco fíxose dono do partido e de forma imparable bateu ao seu rival con 6 goles a 1, tantos que levaron impresas as firmas de Yerai, Adri, Félix, Tomás, Martín e Davicin.

Gonza: “A estas alturas ter 28 puntos é para estar moi contentos”

Aínda que nos primeiros minutos o Choco parecía non estar metido de cheo no encontro, pronto comezou a facerse dono e señor do campo, “se hai que poñerlle algún ‘pero’ ao partido é nos primeiros 20 minutos nos que a nivel defensivo non estivemos ao noso mellor nivel, pero fixemos un moi bo partido”, nos comenta Gonza quen engade “os xogadores precisaban dun partido desta maneira onde eles se sentisen cómodos e recuperasen as boas sensacións na casa porque, aínda que estábamos a xogar ben, non podíamos amosar ao que realmente nos gusta xogar ou onde estábamos cómodos. Penso que ata agora estábanos a costar porque non tíñamos tanto tempo de continuidade no noso xogo, e a clave estivo ahí, na continuidade da que falo”.

Para Gonza é meritorio “que fósemos capaces de darlle a volta ao partido” pois non hai que esquecer que ían perdendo dende o minuto 13, feito que para o adestrador redondelano é “boa señal e vainos vir ben para afrontar a derradeira semana de competición antes do parón”. Un parón no largo camiño da Liga que os equipos de Terceira poderán disfrutar a fin de semana do 28 de decembro pero antes o CD Choco desplázase á terra do Apóstolo Santiago para enfrontarse á SD Compostela, o próximo domingo 22 “primeiro imos disfrutar desta vitoria aínda que sexa só até mañá (por hoxe) e logo xa pensamos neste partido, aínda que sabemos que é un rival moi complicado e na súa casa e moi difícil sacar algo positivo, ímolo intentar”.

Espectacular foi o vivido onte en Santa Mariña e sin saber aínda se é a mellor versión do equipo “creo que nos estamos a aproximar” non cabe dúbida que o partido de onte tardará en esquecerse, porque tardes como isas se precisan de vez en cando “como adestrador necesitaba este tipo de boas sensacións para reforzarnos no traballo que estamos a facer durante toda a semana e lograr que se transmita o domingo no partido ”. E se algo sempre destaca o adestrador é o nivel de adestramentos “só hai que velos adestrar, non importa o resultado que se acade o domingo, xa sexa unha vitoria, derrota ou empate, eles intentan levar a cabo a idea que nós propoñemos”.

Por iso, unha vez máis Gonza non perde a ocasión de felicitar a tódolos xogadores “é un resultado para disfrutar porque todos os xogadores están moi enchufados, todos eles axudan e todos queren xogar neste equipo e isto é moi importante”.

Gonza finalizaba a súa intervención na rolda de prensa expresando a satisfacción por “o que estamos a facer. O equipo está mellor tanto a nivel de puntos como de xogo por iso darlle a noraboa aos xogadores e animarlles a que segan creendo no que fan porque a estas alturas ter 28 puntos é para estar moi contentos, así que hai que seguir nesta línea”.

Davicin: “Estou moi feliz, aínda non o creo moito”

Chegaba o turno de Davicin que entraba na sala de prensa cunha imaxe renovada, literalmente falando. Ademáis o sorriso constante reflexábase nos seus ollos a pesar do canso que se encontraba logo da súa participación no partido despois dun ano sen afastado da competición. A verdad é que a súa volta colleu a todos de sorpresa, incluso ao propio xogador porque “prevíase para xaneiro e con moita sorte”recoñece o xogador choqueiro “pero o bo traballo do corpo técnico e meu, deu resultado”.

Fai unhas semanas, cando falábamos co xogador precisamente da súa lesión e do moito que tardaba o seu regreso, expresara os seus temores según os movementos que facía, mais onte quedou claro que poucos lle quedan porque vaíase sedento de xogo, de competición, de gol “a medida que vou facendo máis cousas vou perdendo o medo” nos asegura Davicin que tan pronto saltou ao campo sentiu “moita felicidade porque é a recompensa a tanto traballo que hai detrás da miña recuperación e de tantas lágrima que aguantei”. Unha felicidade compartida con todolos siareiros que hoxe disfrutaban en Santa Mariña “estou moi feliz, xa só con entrar ao campo como a xente me aplaudía… logo do gol o abrazo dos meus compañeiros… Foi todo moi bonito a verdade. Aínda non o creo”.