Sen dúbida a gran vencedora foi a solidaridade por parte de tódolos participantes e público asistente á xornada deportiva organizada polo CD Choco cunha recaudación de máis de oitocentos quilos de alimentos.

O sábado 28 de decembro, ás 9.00 da mañá daba comezo a I Edición do Torneo Solidario de Nadal organizado polo CD Choco. 34 equipos foron os participantes deste encontro onde a solidaridade e o fútbol dábanse a man cunha recaudación de setecentos quilis de alimentos non perecedeiros destinados a Cáritas.

Benxamíns, Alevíns e Infantis eran as categorías participantes e tras unha mañá de partidos proclamaríase campión da Categoría Benxamín o Choco A tras impoñerse ao Cangas A na final. Na tanda de penalties polo terceiro e carto posto gañaría o Choco B ao Cuntis.

Na categoría Infantil o Santa Mariña impúxose ao Choco A na final, sendo o Choco B e o Choco C o terceiro e carto clasificado respetivamente.

A categoría Alevín sería a encargada de pechalo Torneo e logo dunha tarde repleta de partidos alzáronse con trofeo de campeóns os rapaces do CD Choco.

Aínda que só foron uns poucos quenes levataron o trofeo todos son campeóns pola solidaridade mostrada portando quilos de felicidade para os máis necesitados.