A entrada consisitirá nun quilo de alimentos non perecedeiros.

O sábado 28 de decembro, ás 9.00 da mañá o CD Choco celebra o seu primeiro Torneo de Nadal no que participarán diferentes equipos das categorías Benxamín, Alevín e Infantil.

Unha xornada futbolística en Santa Mariña, cuxa entrada consisitirá nun quilo de alimentos non perecedeiros por participantes e público asistente destinado a Cáritas.

Un torneo que inagurarán os equipos da casa das categorías infantil e benxamín que se enfrontarán entre eles, e finalizarán o campionato ao final da mañá para dar paso aos alevíns en horario de tarde, sendo o primeiro dos encontros as 15.30 horas para rematar as 21.00 horas.

Na categoría infantil participarán 8 equipos en dous grupos de 4. Os equipos particpantes serán O Choco A, Choco B, Choco, C, Pontevedra CF, Bosco, Santa Mariña, Ribadavia e Salcedo. A final disputarase ás 16.15 horas.

Na categoría benxamín serán 10 os equipos participantes en dous grupos de 5. Choco A, Choco B, Choco C, EFC Cangas A, EFC Cangas B, A. Cuntis, Bosco, Pontevedra CF, CD Soutomaio e Moraña. A final disputarase ás 14.40 horas

E por último na categoría Alevín 16 equipos son os participantes en catro grupos de catro. Choco A, Choco B, Choco C, Chapela A, Chapela B,  Nespereira, Candeán, Moraña, EFB Cangas, Arbo CF, Soutomaior, Pontevedra, Alondras, Bosco, ED Barbarás e A. Matamá. A final disputarase as 21.00 horas.

Dende o clube xa teñen todo diposto para facer do sábado un día especial onde a solidaridade será a gran vencedora do torneo.