Na presentación estiveron o presidente do club, Iván Crespo, o adestrador do Xuvenil División de Honra, Alberto Suárez e dous dos capitáns xuvenís Javi Labrada e Jorge Rojo. Na presentación Crespo explicou que se mantiñan os prezos de anteriores campañas ao ser conscientes da crise económica que trae consigo a situación sanitaria na que estamos inmersos, dificultade económica de moitas e da que tampouco se escapan as entidades deportivas que teñen que facer fronte a unha tempada na que os ingresos por patrocinios, sponsors e colaboradores, están a baixar de forma abrupta, á contra dos gastos que ademáis dos que tíañamos, como son os das lincencias, seguros etc, suben para cumprir co protocolo sanitario que se nos impón dende as Federacións. Esforzo titánico é o que están a facer dende o club para conseguir a supervivencia a unha tempada que se presenta moi complexa a nivel administrativo.

Conscientes da situación o club lanzou o carnet su-25 e o carnet de simpatizante. O primeiro deles que abarca a idade entre 18 e 25 anos, ambos inluidos, para que os máis xovenes poidan disfrutar do seu equipo durante todala tempada por 20€. Polo mesmo prezo, se poderá facer o carnet de simpatizante que supón un descontó do 50% nas entradas en Liga Regular, excluídas desta promoción o día do club e partidos de play off.

Por outra parte, mantense o prezo de 80 € do carnet de socio para o equipo sénior así como as promoción do carnet familiar a 140 € se o núcleo está formado por 2 membros, 180€ se son 3 ou 200€ no caso de que sean 4 os membros do núcleo familiar. Carnet que da dereito tamén aos partidos do Xuvenil División de Honra. Unha categoría esta na que debuta o equipo de Alberto Suárez, por iso aqueles que queiran acudir a alentar a estas xóvenes promesas poderán facelo por 50 € tendo a posibilidade de facer o carnet familiar. Neste caso, serían 90€ no caso de tratarse de dous membros, 120€ e 150€, de 3 e 4 membros respectivamente.

O Cd Choco tamén tivo en conta aquelas persoas en situación de desempleo ou xubilados quenes pagarán 60€ polo carnet de socio.

Así as cousas, espérase unha boa acollida por parte da aficción choqueira como apoio ao club nun momento complicado para todos. Os carnets poderán retirarse en horario de 17.00 h a 22.00 horas nas oficinas do club.