Falamos con Guille de Francisco sobre esta xornada na que o CD Choco recibe ao Alondras CF o sábado ás 17.00 horas en Santa Mariña.

Segue o campionato ligueiro, na súa xornada 8 na que o CD Choco actúa de anfitrión e recibe ao Alondras CF en Santa Mariña o sábado ás 17.00 horas. Unha xornada que se presenta importante para o equipo choqueiro pois é tanta a igualdade clasificatoria que calquera tropezo pódeche abocar aos postos baixos.

Fóra de toda presión en centrándonos no partido desta fin de semana falamos con Guillermo de Francisco quen nos asegura que “o equipo chega con moitas ganas a esta xornada. Son varios os partidos que levamos sen coñecer a derrota e queremos seguir nesta línea”. Efectivamente a única derrota colleitada foi ante o Ribadumia. Na anterior xornada, o equipo de Gonza conseguía un punto “moi importante nun campo tan complicado como é o do Estradense”, coméntanos Guille que conclúe “estamos nunha boa dinámica, estamos a facer bos partidos aínda que hai marxe de mellora”.

E coma sempre, ao bo sempre se acostuma un, o outro día en A Estrada quizás non vimos a mellor versión do CD Choco; Guille ten a explicación para elo “a verdade é que ao principio anuláronnos porque nós temos un xogo combinativo é eles souberon tapar ben o medio o que fixo que nos sentísemos bastante incómodos; pero cun par de retoques de Gonza no sistema conseguimos atopar esa comodidade e sacar así un punto fóra da casa que sempre é importante”.

Esta xornada o Alondras CF é o rival a batir que chega a esta xornada no segundo posto da clasificación con 13 puntos e invicto, sen coñercer a derrota pois acumula no seu haber 3 vitorias e catro empates. “A clasificación o di, o Alondras é un rival que ven facendo ben as cousas; é un equipo que aprieta moito e con xogadores de calidade no seu plantel”. En definitiva o CD Choco enfróntase a “un rival moi complicado”, mais Guille espera “sacar os tres puntos”.

De feito, a única vantaxe, se así se pode considerar é o factor cancha. O xogar no fuedo choqueiro sempre supón un plus e no que vai de tempada o equipo redondelá non coñece mais que a vitoria en Santa Mariña “esperemos seguir con esta mesma xeira”. Pero para isto o plantel vermello é consciente de que ten que emplearse a fondo nun partido no que a clave para Guille estará en “que sexamos capaces de dominar o xogo e de facernos co balón”.

Logo duha semana de adestramentos intensos e con dos compromisos ligueiros en escasos 4 días pois o martes volven a competir, Guille espera deste primeiro partido “unha vitoria e se é con bo xogo mellor”.