Cada fin de semana os aficionados ao fútbol esperamos con inquietude a lista de convocados do noso equipo. Sabedores da lonxitude dos sete días nos que ben pode pasar de todo pero o máis probable unha lesión. Aquí a importancia do traballo do preparador físico que, antes de curar, ten que previr as lesións. Falamos co preparador físico choqueiro, Erik Penedo.

Hai funcións dentro dun clube que se presentan fundamentais. Quizais non sexa tan perceptible o traballo ou non o lembremos tan a menudo coma calquera outro, máis a importancia é a mesma ou maior se cabe. Sen embargo, cando o míster Gonza da a coñecer ós convocados antes de cada partido, axiña miramos quen caeu da lista porque as razóns as imaxinamos, na súa maioría por “molestias ou lesión”. Unha semana de adestramentos da para moito, aínda que habelas hailas. E aquí onde a labor dos preparadores físicos e fisioterapeutas estímase clave xa que non só teñen que tratar as lesións dos xogadores, o máis ben intentar evitalas, xa se sabe que en previr está o arte de salvar, senón tamén o seu estado emocional pois, como é lóxico, a obriga de verse afastado dos terreos de xogo e o peor trago cun futbolista pode pasar.

Un traballo non moi coñecido pola maioría, por iso esta semana falamos con Erik Penedo, preparador físico do CD Choco, equipo no que recalou fai catro tempadas xa. Pero antes de chegar a Redondela fixo as súas prácticas no Celta de Vigo, coas categorías base e tamén catou a modalidade do fútbol sala, no Santiago Futsal onde estivo un ano. Dous deportes con esencia compartida pero moi diferentes “os factores de rendemento son completamente distintos nestas dúas disciplinas polo que o traballo tamén é diferente”, explícanos Erik “entrementes que o fútbol campo está orientado a traballar accións máis explosivas e repeticións de esforzos máis constantes, os xogadores teñen que soportar os 90 minutos facendo accións de sprint, cambio de dirección, frenada, aceleración… e só cun descanso para recuperar e poder facer esos esforzos a máxima intensidade de novo; no fútbol sala, rinden ao máximo durante moi pouco tempo con intervalos para a recuperación, xa que neste deporte permítense os cambios de xogadores continuamente”.

O traballo dun preparador físico consiste básicamente en “intentar que o xogador esté o maior tempo disponible para o adestrador e, ademáis, ao seu mellor rendemento” tarefa nada sinxela, de feito raro é que “algún xogador chegue en perfectas condicións ao final da tempada”. De ahí a importancia que Erik otorga ao traballo preventivo “que no Choco facemos durante todo o ano a nivel lesións musculares, que son as máis habituais”.

En qué consiste este tipo de traballo preventivo? “en facer traballo excéntrico, de forza, propioceptivo, traballo de estabilidade, zona media… contidos diferentes que incluímos dentro da disciplina de adestramentos para que o xogador teña menos predisposición a lesionarse”. Neste aspecto, Erik combina o traballo grupal no campo co individual no ximnasio “son traballos analíticos moi necesarios” para evitar males maiores, ou polo menos intentalo.

Cales son as lesións máis habituais nun futbolista? “a primeira a rotura de isquio” seguida dos “esguinces de nocello ou no xeonllo”. De feito, a lesión muscular isquio- tibial é a que está a padecer nestos días Yerai, que se lesionou o pasado partido contra o Arousa, máis Erik amosa tranquilidade ao respeto “xa está na derradeira fase de recuperación polo que pronto entrará na lista de convocados”.

Para evaluar a volta dos xogadores ao terreo de xogo, Erik ten unha serie de criterios e protocolos a seguir, cales son ou en qué consisten? “por exemplo se é unha lesión de menos de dúas semanas, o xogador ten que completar sen dor  un adestramento completo co grupo, ademáis de ser capaz de facer certas probas físicas que están dentro dos meus protocolos. Se cumple todo isto, pode volver a xogar”. De feito, Mario que foi outro dos xogadores que caeu da lista de convocados a pasada xornada “xa está recuperado e antonte volvía a adestrar có grupo porque o luns superou os criterios dos que estou a falar”.

En canto o protocolo a seguir no momento de producirse a lesión, Erik nos explica que “primeiro pasa a mans do fisio para avaliar a lesión entrementes leva un tratamento de fisoterapia conmingo no que facemos un traballo de readaptación”. Eso sí, o protocolo depende do tipo de lesión porque “se se trata dunha lesión de isquio sempre deixamos 3 días no que o xogador non fai exercicio, pero a partir de aquí comezamos a traballar co xogador para estimular esa zona”. E que, ao contrario do que se poda pensar “nas lesións o peor que se pode facer é estar parado, porque ao final tardas máis en recuperar, xa que o texido que se recupere non vai a estar preparado para competir. Por iso, xusto cando se produce a lesión temos que empezar a traballar co xogador co fin de que poida volver a soportar as cargas e as demandas deste deporte o antes posible”.

Ante unha lesión tanto o fisio como o preparador físico traballan contrarreloxo porque “sempre intentamos telos a disposición do míster rápido e ben” porque “hai xogadores que son moi importantes para o equipo e temos que telos ben porque os necesitamos” ademáis, prosegue Penedo, “se tes maior disponibilidade de xogadores para adestrar, maior é a calidade do adestramento”.

Diferente son as lesións de larga duración. Nestes casos ademáis de preparador físico, Erik ten que ser un pouco psicólogo porque, como é lóxico, neste proceso de recuperación hai momentos nos que se derrumban e ven todo máis escuro do que, en ocasións, é “nestes casos falamos moito co xogador e o animamos lembrándolle que está en boas mans e que confíe no proceso de recuperación que facemos”. En ocasión resulta duro, porque ao final non deixa de ser un compañeiro ao que lle tes estima “os momentos baixos do xogador tes que levalos o mellor posible, porque sempre afecta ver mal a un compañeiro. Eu intento axudalo en todo o que se poida ”.

Por desgraza o CD Choco ten un xogador nestas circunstancias, falamos de Davicin que xa vai para un ano lesionado “é unha lesión moi compricada porque non responde a ningún proceso traumático en fútbol e é moi difícil predecir a súa volta. Máis teño que dicir que se están dando pasos cara diante que, aínda que son pequenos, son seguros. Así penso que pronto estará de volta”.

Outro dos procesos compricados aos que ten que enfrentarse estos profesionais e decirlle ao xogador a realidade á que terá que enfrentarse logo da lesión, cómo lle explica Erik a un xogador que ten que estar afastado do terreo de xogo unha longa tempada? “quen ten que dar o diagonóstico é o fisio porque eu non estou formado nin capacitado para diagnosticar, pero ben é certo que  intentamos trasladarlle toda a información ao xogador de maneira conxunta para que entenda que a súa lesión é importante. De tódalas maneiras, os xogadores xa perciben cando teñen un dano importante, quizáis non sexan conscientes do tempo que estarán no dique seco máis sí de que teñen unha lesión que vai para largo”.

Por todas estas razóns, Erik insiste na importancia do traballo preventivo “porque será o que te permita volver adestar ao día seguinte” e aconsella a todos os xogadores que “non só lle den importancia cando estén lesionados”.