Detrás de todos os equipos deportivos sempre hai traballo que non se ve, aínda sendo a cara pública do clube. Este é o caso do presidente do Choco, Iván Crespo e de Francisco Ruíz, presidente do RC Villalbés que non só sofren en cada partido polo seu equipo senón tamén cada día na loita para manter ao club con vida. 

O pasado fin de semana dous clubes amigos, enfrentábasen en sendos choques en diferentes categorías. Falamos do RC Villabés e o CD Choco, cuxos equipos, xuvenil e senior, se mediron a xornada do pasado domingo. “Caprichos do calendario” nos comenta o presidente do bloque lucense, Francisco Ruíz, “é moita casualidade que coincidan dous equipos aquí” admitía, pero “sempre é un pracer recibir á xente de Redondela” recoñecía. E que a Francisco Ruíz únelle unha boa amizade con Iván Crespo. Amigos sí, pero rivales no campo porque Ruíz y Crespo son os presidentes de ditos cubles.

A xornada empezou moi ben para os intereses dos redondelanos, ao vencer o equipo xuvenil por 0 goles a 2 na xornada matinal, pero non rematou da misma maneira xa que o plantel senior deixaría os 3 puntos da xornada na Terra Chá logo dun partido que cumplido o tempo reglamentario estaba en tablas e que os locais romperon ao seu favor no minuto 5 case encima do son do pitido final. Ao respecto do choque o presidente do RC Villalbés era contundente “así é o fútbol a veces che da e outras che quita” e amosábase contento pola victoria dos seus “o equipo está traballando ben e síntome contento cos chavales por logralo obxectivo do día de hoxe que era a victoria”. A Francisco Ruíz non lle doen prendas para reconecer que “sigo dende fai tempo ao CD Choco, xa pola amizade que me une a Iván, e creo que están traballando ben pois a clasificación, onde os números mandan, está ahí . Hoxe me gustou o equipo, se ben e certo que están pasando un refacho negativo ao perder os seus dous últimos partidos”. E non dubida en desexarlle “o mellor sempre”.

Preguntámoslle polo obxectivo do seu equipo logo de 13 anos na Terceira División facendo temporadas boas, e sendo un rival a ter en conta que incluso chegou a disputar unha fase de ascensto “nós temos os pés no chan e o noso obxectivo sempre será a permanencia”, nos comenta “porque na provincia de Lugo únicamente somos dous os equipos que estamos nesta división, xa que temos un déficit de potencial deportivo”.

Ó marxe do meiramente deportivo, Ruíz nos fala sobre o traballo que hai detrás dun club. Como máximo responsable recoñece o sufrimento que lle supón manter a dous equipos, como o xuvenil e o senior, un en liga nacional e o outro na liga galega; aínda que sabe que “o noso traballo é ese e a nosa labor é a de fomentar a base”. Un sufrimento que se duplica a hora de facer números para que den as contas “Nós, ao igual que o resto de clubes, o que facemos temporada tras temporada é buscar cartos debaixo das pedras. É unha realidad que dependemos das institucións que, aínda que colaboran e estamos contentos, en ocasións se olvidan que non somos profesionais sinon aficionados polo que para o fútbol aficionado o principal hándicap é a burocracia coa que nos están envolvendo tanto a Federación comos as Insititucións polo que todo se volve máis complicado”.

E dentro desa parte colaborativa está a afición “no RC Villalbés temos arredor de 745 socios aínda que a afluencia aos partidos non é tanta porque o campo A Magdalena está afastado do pobo e a climatoloxía aquí é moi dura, ademáis doutras circunstancias que sempre restan” razón pola cal fai o chamamento aos seus veciños “diríalle que veñan a apoiarnos e aínda que aproveito para darlle as grazas aos socios, que seguen colaborando, o que realmente necesita o xogador e o apoyo do público na grada”.