Alberto Suárez marca o gol do empate xa cumprido o tempo regramentario e salva un punto dun partido no que levaban remando en contra dende o minuto 42.

CD Choco – UD Ourense, partido atractivo e así se notou nas bancadas redondelanas que tivo unha boa acoxida entre os siareiros de ambolos dous equipos. Redondelanos e ourensás sabían da importancia de sumar nesta xornada xa que só un punto os separaba na táboa clasificatoria e de gañar os redondelanos subirían un posto cos mantería na zona alta ademais de dar un gran paso de cara o obxectivo da permanencia. Para os ourensans a victoria suporía ampliar distancias respecto ao seu principal perseguidor.

Con estes preliminares daba comezo ao partido. Tralo saúdo inicial dispoñíanse no campo polos locais: Cortegoso, baixo paos, Mario, Aitor, Yago, Vitra, Alberto Suárez, Yerai, Caloi, Adrián, Sergio Santos e Martín. Tamén disfrutarían de minutos Tomás, Comis e Edu.

Entrementres polo UD Ourense saltarían Angel Díez, na portería, Josu, Isi, Pablo Corzo, Tiago, Viti, Rubén, Champi, Marquitos, Rubén Durán e Alfredo. Carlos entraría na segunda metade.

Con todo xa disposto en Santa Mariña daba comezo un partido que pronto deixou ver as intencións dos dous equipos. Aínda que o primeiro dos avisos os daban os visitantes cun achegamento no que Cortegoso tivo que emplearse a fondo e despeixar co pé un balón, pronto os redondeláns reaccionaron con embestidas á portería de Díez, primeiro cunha boa chegada de Martín a pase de Yerai, logo de Adrián e pouco despois de Yerai. O Choco non concendía nin pretendía facelo, loitando cada un dos balóns, minimizaba o avance ourensán aínda que estes tamén tiveron as súas.

No 35 logo dun corner sacado por Yerai que reamatou Sergio Santos coa cachola, arrancou o griterío das gradas pois a piques estivo de marcar o primeiro da tarde. Eran minutos do equipo redondelano que insistía sobre a portería ourensá, mantendo o alto ritmo e intensidade dun econtro que facía as delicias da bancada en canto emoción dende onde as dúas aficcións pelexaban tamén con cánticos de apoio para os seus. Bonita tarde, a pesar da choiva, a que se estaba vivindo en Redondela e máis en conreto en Santa Mariña.

O CD Choco dominaba o encontro, aínda que estivo bastant igualado, co bo trato de balón e un xogo combinativo propio do sitema de Gonza, máis na primeira línea a fortuna parecíalle seguir dando as costas. Tras un contrataque ourensán chegaría o primeiro tanto da tarde, do UD Ourense que marcaría Tiago, nunha chegada sen aparente perigo e logo dunha boa parada de Cotegoso dun balón aereo executado por Rubén dende fóra da área.

No 42 e sen case sen tempo para a reacción chegaba ese primeiro tanto que enmudecía parte das gradas para delicia da outra parte. Sen moito tempo máis para reacción, con dous achegamentos máis do plantel vermello, chegaba o tempo de recreo.

Final do primeiro tempo: CD Choco 0-1 UD Ourense

 Tralo paso por vestiarios, aínda quedaba moito tempo para revertir a situación por parte do plantel choqueiro. A tónica dos primeiros minutos era a mesma coa que finalizara a primeira metade. Os dous bloques moi metidos no partido, imprimían un alto ritmo e intensidade ao encontro. As primeiras ocasións chegarían para os ourensáns por medio de xogadas a balón parado dende o córner pero sen maior perigo para o equipo local.

Logo sería o CD Choco quen buscaría o tanto do empate tras unha xogada combianda inisicada por Adri na mitade do campo dende a banda dereita con pase a Yerai e este a Martín cuxo remate bate contra un defensa fraguando toda posibilidade.

Aos 10 minutos de xogo deste segundo tempo chegaría o primeiro troco nas ficlas choqueiras, Gonza saca a Comis por Sergio Santos.

As ocasións sucedíanse para os dos equipos aínda que o UD Ourense xogaba coa tranquilidade de verse por diante do marcador. Os tempo pasaba e cada vez era menos para lograr rascar algo positivo máis non sería por non intentalo. Primeiro Martin cun balón en longo que non puido controlar polo empurramento dun rival el logo Adri, con tiro de cabeza que para Diez.

Unha xogada entre Comis e Yerai pola banda, arrancaría o aplauso das bancadas. Unha xogada que non tivo recompensa xa que o centro a Martin non tivo efecto buscado. O partido aínda que seguía igualado a maioría das chegadas se producían por parte do plantel veremello, que non tiña sorte na finalización das mesmas.

De novo os choqueiros levantarían as bancadas para a dobre ocasión primeiro de Adri e logo de Comis que remata sen premio. Sería Daniel Pedrosa que só ante Cortegoso desperdiciaría para os seus a oportunidade de ampliala distancia no electrónico.

A intensidade seguía nos minutos finais o CD Choco non quería deixar pasar a oportunidade de sacar unha suma contra un rival directo e insistía na portería do Díez. Logo de dúas ocasións a balón parado para os dous equipos, as dúas de falta ao borde do área que ninguén dos dous materializarían chegaría o empate, inesperado pero ben merecido. Nunha boa contra elaborada aparecería Alberto Suárez a pase de Caloi para marcar o gol do empate xa en tempo de desconto, salvando un punto que supón un pasiño máis de cara a permanencia.

Final do encontro: CD Choco 1- 1 UD Ourense.