Os de Gonza deron a volta a un marcador en contra dende o minuto 1 cunha  segunda parte 
espectacular do equipo choqueiro no que Iano fixo doblete.

Complicado o compromiso ligueiro o que tiñan esta tarde os xogadores choqueiros ante o líder da Terceira, o Arosa SC. Os locais, que chegaban a quinta xornada do campionato coa vitola de favoritos para levarse os tres puntos e manter así o liderato, comezaría o encontro coa sorte ao seu favor adiantándose no minuto 1 por unha indecisión entre Cortegoso e Yago Vázquez que Joel non desaproveitou, subindo así o primeiro tanto do partido.

Joel sería un dos xogadores que formaron o 11 inicial local xunto con Manu Táboas na portería, Sergio Cotilla, Javier Fontán, Alberto Campillo, Pedro García, Pedro Henrique, Julio Rey Abalo, José Ramón, Martín López e Roberto Fernández.

Gonzalo Fernández optaría por Cortego, baixo paos, Yago Vázquez, Elías, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Félix, Guille, Iano, Óscar Gil e Mario. Tamén disporían de minutos Yerai, Antón e Samu.

Lonxe de amilanarse o equipo redondelá pronto se repuxo do gol e comezou a construir xogadas de perigo sen chegar a culminar ningunha delas. Máis nestres primeiros intres ambos equipos comezaron unha fase de tanteo intentando buscar sendas porterías rivais sen chegar a concretar.

Os locales alcanzaban con máis facilidade o área defendida por Cortegoso intentando ampliar a ventaxa no marcador, sendo ao equipo redondelá a quen máis lle costaba crear ocasións de gol mais tiveron algunhas.

Con 1-0 chegaríamos ao final deste primeiro tempo

Tralo paso por vestiarios comenzaría unha segunda parte que o CD Choco firmaría con letras capitulares. Pronto se faría con batuta dun encontro cuxo marcador e tempo xogaba en contra. Dende o pitiido inicial o CD Choco comezou a xerar ocasións de gol. Até que no 55 Iano subiría o empate no marcador a pase de Caloi.

Con la igualada en el marcador, a los locales costáballe xerar ocasión na portería defendida por Cortegoso en gran medida por obra do CD Choco que neste segundo tempo se mostraron moi sólidos en defensa.

A medida que pasaba o tempo o partido crecía en intensidade. A ningún dos dous equipos servíalle a igualada e buscaban ese tanto que lles permitise sumar 3 puntos. En tanto insistiu o Cd Choco que no 75 obtería a súa recompensa de novo cun tiro do guineano Iano, facendo imposible a reacción de Manu Táboas para evitar que o esférico entrase no fondo da red y subindo o 1-2 ao marcador co que remataría o encontro.

Final do partido: Arosa SC 1-2 CD Choco