Con esta será a súa cuarta tempada no CD Choco como coordinador da base e adestrador de porteiros do primeiro equipo. Pero antes de chegar a terras redondelanas, larga é a trayectoria de Edu Rodríguez.

21 anos son os que leva adestrando gardametas. Ahí é nada. Tempo de abondo para acumular experiencias e unha grande bagaxe non só a nivel profesional se no tamén persoal pois para Edu “ao igual que baixo paos na vida cometes erros e acertos que ao final rematan por enriquecerche e facerche mellor persoa”. E que se algo pode decir con orgullo e que “a miña vida é o deporte” porque Edu ademáis de adestrar tamén adícase a xestión deportiva como Técnico de Deportes na Universidade de Vigo.

Edu seguiu a cadea lóxica pois antes de ser adestrador foi xogador porque “doutra maneira non podería saber o que sinte un porteiro”, nos comenta. Estivo ligado dez anos ao Celta de Vigo, dende a categoría de Benxamíns até o Celta B. Pero a mala fortuna quixo que despois dun accidente de tráfico e un grave lesión tivese que apartase temporalmente dos terreos de xogo. A súa volta apenas xogou e Edu concedeuse un ano máis de proba e foise para o Alondras sendo entón cando se percatou de que “tiña que dar un paso ao lado”. Precisamente neste último equipo concidiu cun adestrador, López, quen lle meteu o ‘gusanillo’ polo adestramento e a partir deste momento “comecei cos nenos e nenas e ata agora”.

Xa centrándonos na faceta de adestrador, até chegar ao clube redondelano, Edu percorreu un amplo periplo que comezou no Colexio Montecastelo de Vigo aínda cando non había adestradores específicos para a portería. Edu vota a vista atrás e cun sorriso lembra que daquela “aínda o gardameta podía coller coa mán o balón cando lla cedían”, boa maneira de contabilizar os pasos dos anos, suspirando recordos, através dos cales unha se da conta que ao final o camiño se fai pasiño a pasiño e que ese primeiro paso abre o andar para o segundo es así sucesivamente. Edu comezou a facer campus de porteiros cando só había de xogadores, centrándose exclusivamente na súa cidade Vigo até que o chamaron de Pontevedra para facer un no Príncipe Felipe. Alí coincidiu con Rafa Sáez, actual adestrador do Arosa SC, que por aquel entón era o segundo do Pontevedra prometéndolle a Edu que “cando fora primeiro adestrador do Pontevedra levaríao como adestrador de porteiros” e así foi como Edu Rodríguez recalou nas filas pontevedresas onde estivo 8 tempadas (7 en 2ªB e 1 en 2ªA).

De Pontevedra foise a Portonovo, 3 tempadas, logo unha ao Rápido de Bouzas e de aquí ao Celta de Vigo onde estivo 4 tempadas. Finalizada a súa experiencia celtista chegou o clube choqueiro. Aquela chamada de Iván Crespo, presidente do CD Choco, non chegou a bo porto pois Edu non quería adestrar soamente ao primeiro equipo senón a toda a base. “gústame traballar coa base e que se vexa o progreso dos porteiros dende categorías inferiores até a sénior” explícanos Edu que segue argumentando “aínda que adestrar o primeiro equipo é xenial, non deixa de ser un traballo de rendemento e mantemento para que sega ao máximo nivel durante toda a tempada. Polo contrario o traballo da base é máis bonito porque é de progresión dende que empezan con seis anos ata chegar a un equipo semiprofesional ou profesional”. Ao final chegou a ese acordo có Presidente e xunto con Adrián Aguilar adestra aos diferentes equipos da base choqueira.

Pero…, qué tipo de traballo fai Edu coa base? “Os contidos do adestramento son o técnico, táctico, físico e psicolóxico en función da categoría, se é de iniciación, competición ou rendemento”. Por isto Edu cos equipos base traballa máis “a parte técnica porque a física e máis coordinativa, pero a medida que suben de categoría imos introducindo contidos máis tácticos e a parte psicolóxica”.

En qué consiste ese adestramento a nivel psicolóxico? “nós facemos unha charla cós porteiros para traballar a toma de decisións, o seu comportamento no partido, cómo deben responder ante un erro e sobre todo a súa responsabilidade no xogo”. Razón pola cal, Edu pensa que un gardameta “ademáis de nacer, faise” porque “é un deportista individual dentro dun deporte de equipo e o que todo elo conleva; a soidade, o adestramento individualizado, as dificultades para asumir certos erros…” quizá por esto pense que “o porteiro é o único xogador que non pode gañar el só un partido pero sí perdelo” de aquí a ingratitude desta posción porque os erros do gardameta serán o único que se lembrará logo dun partido, esquecendo quizáis as paradas previas que salvaron ao equipo antes de cometer ese erro.

Edu pensa que un rapaz ou rapaza antes de decidir que quere ser gardameta debería de “xogar en todalas posicións, porque teñen que ter este tipo de experiencia” por iso os adestramentos específicos de porteiros comezan en prebenxamíns “antes non é bo” porque para Edu “ademáis de ser portero hai que parecelo” e por eso conversa moito cos seus xóvenes xogadores para que nunca se esquezan que o porteiro é diferente ao resto do equipo “vestimos de forma diferente, acaparamos as miradas das gradas cando recibimos o balón, cada balón recibido é decisivo…” en definitiva o que Edu lles trasmite é “a gran responsabilidade que ten ser porteiro e o cariño hacia a portería”.

Entón as características que debería ter un gardameta son?… “a máis importante a seguridade” nos comenta Edu sen dubidar “o porteiro ten que ter unha personalidade diferente ao resto do equipo e non só no campo senón tamén fóra, no vestiario”. E quizáis, por este tipo de cualidades Edu xa pronto se percata de que ten madeira “a partir de infantís xa empezas a ver quen pode chegar ao primeiro equipo”. E observando aos seus xogadores, Edu amósase optimista de cara o futuro da portería choqueira “penso que no Choco non vamos necesitar fichar porteiros para o primeiro equipo nas próximas oito tempadas”.