O dianteiro ven a reforzar ao equipo de cara a segunda volta.

O CD Choco refórzase de cara á segunda volta coa fichaxe de Edu Otero. O xogador, que xa adestra co plantel redondelano, provén do Rápido de Bouzas. Aínda que foron varias as ofertas que lle chegaron de diversos equipos, Edu decantouse polo clube choqueiro “ademais de pola situación do equipo, porque o míster, Gonza, apostou moito por mín e iso doume cofianza para unirme a este proxecto” .  E esa confianza é a que amosou Gonza cando lle preguntamos pola nova incorporación “estou moi contento coa fixache de Edu porque penso que vainos a dar o que andábamos a buscar na posición de ataque que era un xogador vertical que vaia ao espazo e que teña gol”. Un posto que estaba coxo dende a lesión de Davicin “leva moito tempo parado e a idea era que estivera antes pero ao final complicouse un pouco máis o tema. Davicin é un xogador moi importante para nós” .

O novo xogador, xa leva unhas sesións de adestramento co plantel vermello o cal “acolleume moi ben. Coñecía algúns dos meus compañeiros que coincidíramos noutros equipos e isto tamén axudome a entrar no grupo”. Sesións nas que Gonza puido facer unhas primeiras valoracións de Edu “nótase que ven sen moitos minutos e vamos a intentar que entre na dinámica o antes posible, que se adapte e esté a gusto, e a partir de ahí seguro que nos vai dar moito rendemento”. O xogador aínda que xa está disponible para Gonza, o míster é consciente de que “ten que adaptarse a nosa idea e coller o punto de competición que é o que lle estaba a faltar; e esperamos que sexa o antes posible aínda que todo require o seu tempo”.

Ámbalas partes amosábanse contentos, o xogador “por formar parte deste club tan familiar, aspecto que para mín é moi importante. Agradezo o trato da directiva dende a miña chegada” e o míster “porque penso que é unha incorporación que nos vai a aportar moito”.