Os dous equipos chegan a vixéisma xornada, a primeira da segunda volta, empatados a puntos no quinto e sexto posto da táboa clasificatoria.

En todalas xornadas sempre hai algún enfrontamento que une todolos requisitos para converterse en un gran partido e o que enfronta a coruñeses e redondelanos é un deles, “penso que vai a ser un partido moi atractivo onde se verá un bo fútbol”, predice Martin Rafael Crespo, xogador choqueiro co que falamos esta semana.

Empatados a puntos os dosu bloques intentarán sumar os 3 correspondentes da xornada para non descolgarse dos primeiros postos pois suporía un avance de cara o obxectivo da permanencia, no caso do equipo redondelano, e tamén para pensar en cotas maiores, “por suposto que eu soño co play off”, recoñece Martin. Pero para elo son moitos os partidos que quedan por competir e moitos puntos que sumar pois como ben nos comenta o técnico choqueiro, Gonza, “seguir enganchados unha semana máis sería moi bo, pero non vai depender deste partido nin dos seguintes porque isto é unha carreira de fondo e temos que seguir competindo como o estamos a facer cada semana”.

 Coruñeses e redondelanos chegan ao comenzo da segunda volta na quinta e sexta plaza da táboa clasificatoria a tan só 3 puntos, o que é o mesmo, unha vitoria dun billete que permita xogar a promoción de ascenso.

O equipo local ben de sumar o pleno de puntos na pasada semana ante o CD Pontellas o que ven a cerciorar que “está a coller unha dinámica de resultados positiva logo do pequeno baixón”, reflexiona Gonza que advirte que “o partido do sábado é compricado polo rival ao que nos enfrontamos porque é un equipo con moitísimo ritmo e calidade e con moi boas individualidades”. Por eso a clave do encontro estará segundo míster e xogador en “que nós teñamos moito tempo o balón e que pasemos o menos posible sen el, e sobre todo en aproveitar todalas ocasións que teñamos de cara o gol”. De feito Martin afronta este compromiso ligueiro coma “unha nova oportunidade para sumar tres puntos”.

Tres puntos que virían a achegarse un pouquechiño máis a meta do vestiario redondelano que non é outro que o de “superarnos a nos mesmos e facer máis puntos que na primeira volta e logo xa veremos onde nos pon a clasificación”, afirma o xoven xogador. De feito, o nivel de adestramentos do plantel vermello segue a ser moi alto e así nolo fai saber Gonza “o equipo está adestrando moi ben están todolos xogadores moi metidos e nese aspecto estamos tranquilos. O partido vanos a esixigir moito polo que o que estamos preparando durante a semana temos que transferilo no campo e competir da mellor maneira posible”.

Na equipaxe de man os xogadores levan unha boa dosis de gana e ilusión para “sacar algo en Abegando a sabendas da dificultade do partido que nos via a esixir estar ben durante os 90 minutos”.

O partido disputarase o sábado 18 de xaneiro ás 17.30 horas en Abegondo.