Os de Gonza venceron por 4 goles a 0 aos xuvenís do Val Miñor, entrementes que os de Alberto Suárez caeron na casa do CD Pontellas por 2-0.

Dobre xornada de fútbol a que viviu a familia choqueira na tarde de onte. Entrementes os xuvenís se medían ao CD Pontellas no campo de San Campio, unha hora despois saltaría ao céspede de Santa Mariña o Sénior para facelo propio ante o equipo Xuvenil do Val Miñor.

Diferente sorte, a nivel resultados, é a que correron ámbolos dous equipos en sendos partidos mais as sensacións transmitidas polos dous eran compartidas. De feito, Alberto Suárez recoñecería que “a pesar do resultado teño unhas sensación moi boas polo crecemento do equipo en cada partido” aínda que sí que admite que “debemos mellorar nas áreas porque fánnos gol con moita facilidade e a nos cóstanos moito”. E que os xuvenís División de Honra caeron ante o equipo Sénior do CD Pontellas nun partido no que o equipo choqueiro quizá merecese máis, xa que non foron quenes de materializar tódalas ocasión que crearon. Á metade do primeiro tempo chegaba o primeiro tanto local. A pesar de xogar co marcador en contra os xuvenís seguiron buscando xerar perigo na área rival e así o fixeron, dominando a maior parte da primeira parte. Xa na segunda metade, logo de retrasar o posicionamento defensivo, o equipo seguiu manténdose cómodo e seguían sendo capaces de suscitar perigo pero sen resultado positivo para os seus intereses. Quen sí tivo recompensa foi o Pontellas que xa enriba do tempo regramentario e no que sería a derradeira xogada do partido, marcaría o segundo tanto definitivo.

Por outra banda o sénior impúxose con contundencia aos xuvenís do Val Miñor nun partido que dominaron dende os inicios. O primeiro tanto chegaría ao final da primeira metade tras un saque de esquina de Óscar e que remata Guille dentro da rede rival.

Coa ventaxa pola mínima chegaríase ao final do primeiro acto e logo de pasar por vestiarios, o CD Choco sentenciaría o encontro nos primeiros minutos da segunda parte. Félix aparecería en escea para marcar o segundo para o seu equipo tras un centro de Mario. Uns minutos despois sería Óscar que faría o propio tras un pase de Martín e nun cara a cara co porteiro rival gana a partida subindo o terceiro para a saca choqueira e Comis subiría o tanto definitiva dende o punto de penalti.

4-0, con este resultado remataría un partido, o penúltimo antes do comenzo da competición ligueira.

Este sábado de novo o equipo Xuvenil División de Honra e o Sénior saltarán ao campo redondelano para enfrentarse ao Xuvenil do RC Celta e ao CD Pontellas, respetivamente. O partido dos de Alberto Suárez celebraráse ás 11.30 horas entrementres que o do Sénior serás as 17.00 horas da tarde.

Para o equipo sénior será o derradeiro partido desta pretempada, xa que o vindeiro fin de semana, 18 de outubro, arrancará a competición ligueira. Non para o equipo Xuvenil División de Honra que seguirá inmerso na súa preparación de cara o campionato que comenzará o 1 de Novembro.

De novo dende o club lembran que haberá público nas gradas redondelás pero con aforo limitado. Como nos restos dos encontros seguirán cumpríndose os protocolos sanitarios entre elas o mantemento da distancia de seguridade e o uso obrigatorio da mascarilla. De feito, o club puxo a venta para todos aqueles que queiran colaborar unhas mascarillas do equipo por tan só 9,95€.

Tamén é importante lembrar que tanto os antigos socios como os novos abonados recollan os carnets ao longo desta semana e da vindeira para evitar aglomeracións na primeira xornada de Liga.