O Choco realiza mañá o acto de presentación da tempada coa presenza dos equipos das categorías inferiores, a posta en marcha da nova web do club e unha aplicación móbil e unha sesión vermut final con música e a degustación de mexillóns no campo de Santa Mariña. O inicio está previsto para as 11.00 horas e, un cuarto de hora despois, ás 11.15, desfilarán os integrantes das categorías inferiores do club. Ás 11:45 terá lugar a presentación do anuncio publicitario para esta tempada. A continuación, darase a coñecer a web cdchoco.es e a aplicación do móbil do Choco. Ás 12.30, chega o momento de mostrar os novos equipamentos dos equipos, que foron deseñadas pola empresa viguesa Amura. Como colofón, os discursos, a partir das 12.45. Serán curtos, xa que a partir das 13.00 horas está prevista unha sesión vermut con música en directo e a degustación de mexillóns. O club convida as familias, socios e afeccionados a asistir a esta gran festa. O Choco conta actualmente con 271 fichas tramitadas das que 243 corresponden exclusivamente a xogadores. Este número aínda non está pechado porque o club aínda pode aumentar dita cifra nas categorías de menor idade e, de feito, fai un chamamento para incorporar a nenos de entre 5 e 7 anos á entidade.

PROGRAMA DE ACTOS: 11:00 Inicio da xornada 11:15 Desfile de xogadores 11:45 Presentación do anuncio publicitario 12:00 Presentación da web cdchoco.es 12:15 Presentación da app móbil CD Choco 12:30 Novos equipamentos por parte de Amura 12:45 Discurso de clausura 13:00 Sesión vermút con mexillóns