Este domingo o CD Choco enfróntase ao Silva SD en horario unificado, ás 18h00 en Santa 
Mariña.

Chega a definitiva, chega a derradeira, esa xornada na que os equipos aspirantes ao play off ocuparán o lugar, como se soe decir, que se merecen. Catro candidatos para dúas prazas e o CD Choco está entre eles.

Nunha xornada con horario unificado, ás 18.00 horas, na que o CD Choco recibe ao Silva SD un equipo que non se xoga nada pero que ben pode aguar a festa o equipo redondelá ao que tan so lle sirve unha vitoria.

Co obxectivo da tempada cumplido, os de Gonzalo Fernández intentarán clasificarse para a promoción de ascenso e vivir así o seu tercer play off. Diferente aos anteriores, xa que ven marcado pola situación pandémica, pero igual de ilusionante. A espera de saber rival están o Arosa, Polvorín, Somozas e Arenteiro, do Grupo C; e os posibles rivais son o Vilalbés, Estradense, CD Choco e Rápido de Bouzas.

Pero para chegar aquí, o primeiro que ten que facer o CD Choco e sumar de tres esta fin de semana. Un duelo moi compricado ao que o equipo coruñés chega a Santa Mariña ocupando a última posición da táboa clasificatoria, e dicir, sen xogarse nada máis que os puntos da xornada. No partido de ida os de Gonza obtiveran a vitoria máis coma ben se sabe, cada partido é un mundo.

Arroupado polos seus siareiros os choqueiros saltarán ao campo sen presión e sabendo que están a un anaco de seguir escribindo a súa propia historia.