1-0 foi o resultado final dun partido no que os de Gonza mereceron moitomáis.

Está claro que ademáis de once xogadores e un corpo técnico os equipos tamén necesitan un anaquiño de sorte, coa que parece últimamente non conta o CD Choco. Se ben é certo que esta tarde non era presa fácil á que se enfrontaban, o equipo redondelá non mereceu virse de vacío. Un gol no minuto 9 que nace nunha xogada de banda, na que centran e o rematador atina na portería de Cortegoso daríalle os 3 puntos ao do Arenteiro. Entrementes o CD Choco buscaba o tanto dende os primeiros minutos do partido pero non foron quenes de estrear a súa conta persoal.

Un partido que daba comezo con Diego, Pol Portela, Mariña, Marquitos, Alex Fernández, Javi Pazos, Sylla, quen sería o autor do único tanto do partido, Naviera y Eimil.

Por parte dos de Gonzalo Fernández o farían Cortegoso, baixo paos, Mario, Samu, Yago, Iano, Suárez, Caloi, Comis, Martin, Félix y Davo. Aínda que tamén disfrutarían de minutos Elías, Oscar Gil, Antón, Fran Monroy e Guille.

Comenzaba o partido co tanteo inicial típico de todos os encontros nunha pugna por ver quen termiñaba por levar a iniciativa do encontro. E neste vaivén chegaría o primeiro tanto do encontro firmado por Sylla.

A partir do gol, o CD Choco foi facéndose co dominio do encontro xerando ocasións de gol que non terminarían por materializar en gol.

Iano sería quen tivese a ocasión máis clara deste primeiro tempo pero o seu remate atópase coa pao, evitando así o empate.

Final da primeira parte: CD Arenteiro 1- 0 CD Choco

 Tralo tempo de recreo a tónica da primeira repetíase no segundo tempo. Un Choco ambicioso ansiaba un gol que non chegaba a pesar das ocasións xeradas.

Chegaban tamén os cambios no cadro redondelá o que aportou ao equipo máis rapidez no ataque o que propiciou unha continua imbestida na portería local. Pola contra o Cd Arenteiro tería só unha ocasión clara nestes 45 minutos, na que a madeira salvou ao CD Choco dun segundo tanto.

Un partido no que nos derradeiros intres creceu en intensidade. No banquillo local palpábase o nerviosismo pois era clara a superioridade redondelá. Mais ao final a recompensa quedou en A Regueiriña e os tres puntos no lider, o CD Arenteiro.

Final do partido: CD Arenteiro 1- 0 CD Choco