Falamos co adestrador do Alevín A, David Miguez (Gueti), quen leva toda unha vida adicado ao mundo do fútbol; primeiro como xogador e logo como adestrador.

A pasión polo fútbol, faise fundamental para poder adicar a maior parte do tempo a este deporte do que non vives pero cuxo disfrute e a maior das satisfacións. Exemplo disto é Gueti, adestrador do equipo Alevín A. David leva toda a vida ligado ao fútbol, primeiro como xogador e agora como adestrador, facetas que combinou nunha etapa da súa vida. Comezou a súa andura nesto do fútbol fai xa vinte anos en Casa Paso até que chegou a o CD Choco, para quedarse.

Pasou por todalas categorías dende “prebenxamíns ata o equipo Senior” razón pola cal non é extraño que a calquera que lle preguntes por Gueti, o coñeza. Pero comecemos polo principio; “empecei como xogador pero o deixei por cuestións laborais, xa que non puiden compaxinar o traballo cos adestramentos por motivo de horarios. Logo, adiqueime soamente a adestrar”. Para Gueti aínda que é importante ter sido xogador para poder adestrar “porque te pode axudar a hora de transferir os coñecementos aos xogadores” non é fundamental, pois para el a clave está en “que che guste, na pasión e logo para adestrar a equipos base, que che gusten os nenos”.

Gueti pensa co fútbol galego goza de boa saúde porque se está a coidar moito a etapa de formación, e dicir, a base pois cambiou todo moito “agora xa non son os pais quenes adestran, senón xente preparada porque os adestradores temos que ter un título; aínda así queda unha marxe de mellora importante”. Como importante son os valores que se deben transmitir dende os primeiros anos porque “antes que futbolistas somos persoas polo que o primeiro que teñen que facer os rapaces é vir a divertirse e pasalo ben entrementres aprenden”. Fundamental para Gueti “comportamento e compromiso adquirido en canto a seriedade nos horarios, vestimenta e outros aspectos, é necesario ter unha organización e unhas normas para levar a cabo os adestramentos”.

E logo disto, tamén é importante que os rapaces, xa nesta categoría, comecen a competir porque “esta categoría xa o esixe” e este é o obxectivo de Gueti. Pero tamén aclara que “competir non quere decir meter presión aos rapaces, e nisto temos moita culpa os pais, ao final é fundamental que todos xoguen porque calquera partido é importante a nivel evolutivo do equipo e como lles digo sempre, independentemente de que gañemos, perdamos ou empatemos o martes hai que volver a adestrar”.