Iván Cancela, seleccionador do combinado galego: “son dous xogadores que van a ter un papel moi importante na Selección Galega”

Esta fin de semana dispútase nas Rías Baixas a Copa de las Regiones UEFA unha competición a nivel europeo destinada ás categorías afeccionadas. Nela participan 18 seleccións autonómicas entre elas a Galega que terá representación redondelá coa convocatoria de dous xogadores do CD Choco, David Cortegoso e Diego García, Vitra.

Os dous xogadores amosábanse contentos pola convocatoria. Para Cortegoso a chamada do Seleccionador, Iván Cancela, supón “que valoren o teu traballo e eso sempre gusta e é moi importante sentirse valorado” se ben recoñece “que aínda que me fai moita ilusión porque sempre gusta que te chamen da Selección pero non é a mesma que tería cuns anos menos, pero iso non resta o compromiso adquirido”. Pola súa parte Vitra coméntanos que “é unha alegría estar convocado porque é síntoma de que estou a facer as cousas ben”.

O Seleccionador do combinado galego recoñe que “custoume moito facer a selección, pero a verdade é que ademais de compricada, foi unha bendita decisión porque os xogadores rendiron ao máximo nos adestramentos, nos que estiveron moi metidos, e todos eles mostraron moita ilusión. Tamén a transferencia da parte máis analítica á práctica o levaron de maravilla, polo que non me puxeron fácil a decisión pero é o custo de ser adestrador”.

De entre todos os xogadores, tivo que seleccionar a 18 respetando ademais unha decisión interna a nivel de Federación Galega de “non levar máis de tres xogadores dun mesmo equipo” e dous deles son choqueiros “Cortegoso e Vitra son dous xogadores que están nun bo momento de forma e que ademais levan unha traxectoria moi boa; penso que pódennos aportar moita experiencia”, nos comenta Iván Cancela, que engade “os dous están na parcela defensiva e esperemos que a súa labor contribúa a que a Selección Galega non encaixe goles”. O seleccionador está seguro que tanto Cortegoso como Vitra “van a ter un papel importante na Selección”.

Pola súa contra, Cortegoso opina que Iván Cancela “está moi preparado e danos moita información que é necesaria xa que ten que acoplar a un equipo en moi pouco tempo e moitas facilidades”. Opinión compartida polo seu compañeiro Vitra que afirma que“é un pracer traballar e aprender del”.

Iván Cancela antes que Seleccionador foi xogador, unha lesión afastouno de xogar, e adestrador en diversos equipos. Na actualidade é presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola de Adestradores. No que sí se estrea é como Seleccionador e por iso se sente agradecido á “Real Federación  de Fútbol Galega por apostar por mín ” aínda que é un honor supón unha “gran responsabilidade”.

O combinado autonómico xógase a clasificación para a segunda fase, pero para antes terá que pasar a  fase previa que é a que se xoga en terras galegas do 6 ao 8 de decembro ante as Seleccións de Castela A Mancha e de Ceuta. Cancela xa se informou sobre os rivais do equipo galego e aínda que é coñecedor da dificultade dos enfrontamentos, “Galicia ten un equipo moi competitivo e vamos a intentar minimizar todas as fortalezas das Seleccións rivais”.

Tanto o Seleccionador como os xogadores redondelanos afrontan este compromiso con moita ilusión, ademáis de “moi concienciados”, según Cancela, “con moitas ganas”, según Vitra, que é a primeira vez que vai convocado, e Cortegoso, que xa ten experiencia ao respecto, o afronta con “moita profesionalidade, co compromiso de competir ao máximo nivel para chegar o máis lexos posible”.

Ámbolos dous xogadores confían nas posibilidades do equipo e esperan “pasar de ronda con dúas vitorias”, nos comenta Vitra, porque según Cortegoso “a Selección galega ten un equipazo, xoga na casa arroupada pola afección e en campos que penso que todos coñecemos”, factores que terán que saber aproveitar os xogadores galegos.

E na mesma liña pensa Iván Cancela “creo que será unha festa galega porque esperamos que a afección acuda en masa e poidan sair satisfeitos dos partidos pola competitividade de Galicia”, porque para o seleccionador “o fútbol galego goza de boa saúde e esperemos que isto se transmita nos resultados da Selección pasando á fase intermedia”.

A Selección Galega concentraráse o xoves día 5 no hotela Carlos I en Sanxenxo e e adestrará esa mesma tarde no campo de Baltar de Arriba a partir das 17.30 horas.

O primeiro dos encontros será o venres día 6 a partir das 12.00 horas no campo de fútbol de Baltar en Portonovo ante o equipo de Castela A Mancha que ven de quedar finalista e semifinalista nas últimas dúas edicións desta competición. Logo haberá que esperar até o domingo para volver a ver xogar ao equipo galego co fará tamén ás 12.00 no Salavador Otero da Illa de Arousa. Na xornada do sábado serán as seleccións ceutí e manchega as que se medirán no campo de San Pedro en Vilalonga, ás 12.00 horas.