Hai ocasións na que a vida amosate a súa cara máis amarga. Momentos compricados nos que un chega a ver todo tan intensamente escuro, que parece non encontrar ese punto de luz que che anime a seguir remando. E é precisamente, nestes intres, cando o apoio dos que che rodean faise esencial.

Pois ben, unha situación deste tipo é a que viviu Davicin, e falo en pasado porque a súa volta está máis preta. En xaneiro fará un ano dende que o dianteiro redondelano sufriu unha lesión co afastou do terreno de xogo e no mesmo mes está prevista a súa volta.

Falamos co xogador e é inevitable que, coas lembranzas de todos estes meses, lle temble a voz intentando borrar cun sorriso os malos tempos pasados.

Cómo recordas aquel partido no que te lesionaste? Foi nun partido contra o Val Miñor. Gañábamos 4-0, eu metera dous goles, nunha xogada empurráronme e ao levantarme sentín un latigazo no xeonllo e xa pedín o cambio.

Nese intre fuches conscente da gravidade da lesión? A verdade é que non, ademáis xa levaba un mes algo tocado. Sí que o tiña moi hinchado pero collín consciencia da gravedade moitos días despois.

 – Predecías que ías a estar tanto tempo afastado do terreno de xogo? Non, porque ademáis tardei meses en saber exactamente o que tiña pois ademáis da fisura na rótula detectáronme un problema de crecemento, Sinding Larsen Johasson, que é unha afección que afecta ao xeonllo e que é moi dolorosa.

Foi entón cando Davicin comezou o seu propio calvario. Sesións e máis sesións de ximnasio en solitario. O paso do tempo e a impaciencia por verse axiña recuperado, chegou a facer mella nel. Momentos nos que Davicin intentou refuxiarse na resta dos días que lle quedaban para que se fixese efectiva a súa volta.

 – Cómo asume un futbolista que non poderá xogar durante unha longa tempada? Creo que aínda non o terminei de asumir.  

– Entón, cómo se levan eses días? Como ben se pode. Son días nos que anímicamente estás totalmente fastidiado porque é moi duro adestrar afastado do grupo, sentindo que non podes estar con eles, vivindo os partido dende as bancadas sen tan sequera poder celebrar os goles có equipo, e moito menos marcalos, que como dianteiro que son, é o que máis me gusta…

 – Entendo que o tempo parece que non corre, non? Sí, porque sempre ves o obxectivo, que é a miña volta co grupo, está lonxe. Que a pesar do camiño andado aínda queda moito por percorrer, e houbo días que non soportaba a situación.

 – Pensaches nalgún momento en tirar a toalla? Sí pero só cando estou moi enoxado conmigo mesmo. Intento vir feliz aos adestramentos pero cóstame.

 – E por qué se enfada Davicin consigo mesmo? Porque é moito tempo o que levo lesionado e fóra do equipo e sen facer o que máis me gusta; xogar. Sei que non é culpa miña pero pasar de adestrar todos os días a parar de golpe é moi duro.

 Sen embargo, agora xa estás na fase de adaptación o que supón unha pronta volta En xaneiro xa debería estar para xogar e isto é o que me devolve o ánimo. Agora estou a traballar con Erick e ademáis tamén vou ao ximnasio para non perder a forma.

Hai medo o temor á volta? Pois a verdade é que sí. Teño certos medos como a tirar forte, ou a correr…

 – E como se superan eses medos? Espero que pouco a pouco e a medida que o corpo me vaia pedindo facer estes movemento os irei facendo.

 Coa volta máis cerca e co pasado máis lonxe e entendible e comprensible que Davicin tivera momentos de todo tipo. E é aquí cando o apoio do entorno faise imprescindible; neste sentido o xogador non se sentiu só. Os meus compañeiros axudáronme e axúdanme moito. De feito, grazas a eles veño contento cada día a Santa Mariña.

Outros quenes lle rouban un sorriso e alientano a seguir adiante son os seus xogadores, do equipo cadete, que adestra semanalmente. Aínda que eles non o saben, estánme a axudar moito porque veño encantado a adestrar con eles. É moi bo equipo e o cariño que me amosan motívame para seguir adiante.

E que Davicin, xogador da casa, que apenas coñoce máis cores que o vermello e o negro, o do seu club, leva practicamente toda a súa vida no CD Choco, agás o seu periplo en filas celtistas. Agora segue, ademáis, como adestrador.

– Gústanche os banquillos? Como adestrador, sí.

 Vése de maneira diferente o partido dende o banquillo como adestrador? Sí! moi diferente.

 – Entón, imaxino que entenderás mellor a Gonza, o teu míster, non? Sí, porque cando estas no campo, cando estás inmerso no xogo non eres conscente dos erros que podas cometer. Polo tanto, sí que entendo máis a Gonza.

 Onde disfruta máis Davicin, no banquillo como adestrador ou no campo como xogador? Sen dúbida algunha como xogador.

 – Que victorias saben mellor a do teu equipo cadete o a do teu equipo como xogador? Aínda que as dúas as disfruto, son máis pracenteras as de xogador.

 – E qué derrotas doen máis? Tamén as dúas pero doen máis as de xogador polo que nos xogamos.

Porque… Cal é o obxectivo que tés cos cadetes? Que disfruten e saian de aquí felices de aquí. Intento conseguir unha mellora de cada un dos xogadores e a nivel grupal como equipo. Logo se quedamos o máis arriba posible da táboa clasificatoria mellor.

 Qué valores lles intentas transmitir? O máis importante a educación deportiva e todo o que ela conleva; respeto, compromiso, compañerismo…

 – E que consello lle das antes de saír ao campo? Que sexan eles mesmos e que confíen neles porque sen esa confianza non van a ningún lado; e que teñan fe.

 Repasado o pasado e o presente, agora e turno do futuro…

A qué aspira Davicin? Aspiro chegar ao máximo que poida. Cando chegue o momento de retirarme, que espero aínda queden moitos anos para iso, quero quedar tranquilo conmigo mesmo sabendo que cheguei até onde chegue dandoo todo de min. Ata onde? Até onde queira que sexa.