O club redondelano desexalle a mellor das sortes tanto no aspecto persoal coma deportivo.

Logo de permanecer tres tempadas, esta sería a súa cuarta, no equipo senior, Dani Reguera pon fin a unha etapa da que se leva o “bo ambente cos meus compañeiros, a Directiva que se portou conmigo bastante ben os adestradores que tiven xenial, estou encantado no Choco pero quero xogar”.

Reguera é un xogador que naceu nas bases do club redondelano, no EFB Redondela que abandonou para pasar unhe etapa na canteira do RC Celta de Vigo para logo regresar a casa.

Nunha tempada na que non entrou nos planes do técnico de Mougás, Gonza, Dani pon rumbo Porriño que milita en Preferente para lograr xogar “si na posición na que xogas hai moita xente e moito nivel o ti non estás a dar o nivel que esixe a competición ao final non entras no equipo e por iso decidín baixar un escalón para intentar xogar”.

Unha nova etapa no que o seu obxectivo é “poder xogar. Levo toda a miña vida xogando e o voto de menos, por iso decidín marcharme”.

Dende o club desexámoslle a mellor das sortes tanto no ámbito persoal como deportivo e agradecémoslle os servicios prestados.