Son moitos os aspectos aos que nos afectan tantos días de confinamento. Logo dun ritmo de vida elevado o parón repentino de toda actividade pode ter consecuencias tanto a nivel emocional como físico en cada un de nós. E por suposto, nos deportistas que terán que intentar manter o estado físico con adestramentos nas súas casas.
Falamos con Cristobal Filgueiras, preparador físico do CD Choco sobre cómo pode repercutiro confinamento no plantel vermello. 

– En que maneira cres que afectará o confinamento ao estado físico dos nosos xogadores?  Persoalmente creo que vai a afectar a todolos equipos por igual. Estamos a vivir unha situación atípica para a cal non estábamos preparados e que nos ‘sacudiu’ dun día para outro sen a penas tempo de reacción.  A nivel particular considero que as catro semanas de cuarentena afectarán, en maior ou menor medida, aos nosos xogadores en función de dous aspectos fundamentais: “hábitos de alimentación e actividade física de mantemento” e “idade dos xogadores”. Lóxicamente se mantemos uns bos hábitos nutricionais e combatimos o sedentarismo, a perda de condición física será menor. Por outro lado, debido a unha cuestión meramente biolóxico- madurativa, os xogadores xóvenes perden seu estado físico óptimo a un ritmo menor cos veteráns.

– Que tipo de traballo están a facer os nosos xogadores? Ao día seguinte da suspensión dos adestramentos, aínda non se decretara o estado de alarma polo que proporcionamos ao plantel un planning de sesión para a primeira semana que consistía básicamente en traballos de potencia aeróbica, core e flexibilidade a exercitar en espazos abertos, pouco concurridos e preferiblemente en paraxes naturais. A raíz do Decreto de Confinamento e, ante a imposibilidade de adestrar no exterior, o plantexamento cambiou radicalmente debido ás limitacións que conleva no poder sair da casa; neste sentido creamos unha lista de reproducción en Youtube cunha serie de rutinas de adestramento que se poden realizar na casa sen necesidade de material específico. En base a elas, intentamos abarcar tres ámbitos: acondicionamento físico xeral, resistencia e flexibilidade. Deste modo, tratamos de mitigar a perda do ton muscular a niveis de resistencia cardiovascular.

– Entendo que o corpo técnico estades en contacto permanente cos xogadores? Crees que siguen o adestramento proposto? Sí! A comunicación entre o plantel e corpo técnico e moi fluida. Dende o minuto un a predisposición ao ‘teletraballo’ foi total e estamos convencidos da súa implicación na medida das posibilidades de cada un, sen obviar que nestes momentos tan compricados hai cuestións a nivel familiar que eclipsan, en certo modo, todo o demais.

– De prolongarse moito máis esta situación; será posible manter un estado físico óptimo para reanudar competición inmediatamente ou cres ca RFEF y RFGF terán que deixar un tempo de marxe para a posta en punto e cal sería para tí? Despois de confirmarse a prolongación do periodo de confinamento a dúas semanas máis, está claro que as consecuencias a nivel condicional serán moito maiores e, evidentemente, cando voltemos á normalidade os xogadores estarán moi lonxe do seu estado físico óptimo. O ideal sería un periodo mínimo de dúas semanas para facilitar unha readaptación acorde ás esixencias competitivas; pero tamén somos conscientes das acuciantes limitacións temporais ás que nos vemos abocados.

– Qué marxe de tempo estimas para que se perda o estado físico a pesar de facer exercicio durante a cuarentena?Ao tratarse dun deporte de equipo coma o noso, é moi difícil estimar en tempo a perda do estado físico debido a cantidade de variables que inflúen no rendimento a nivel colectivo ou de equipo. No día a día e ao longo da tempada podemos apreciar que tras periodos de inactividade por lesión hai xogadores que necesitan menos tempo para poñerse ao nivel dos demáis, aínda que todo vai en función da morfoloxía, xenética e características individuais de cada un.

– É  maior o risco de lesión logo dun parón repentino coma este? Seguro. Co traballo na casa pódese mitigar a perda do ton muscular e outros aspectos físicos; pero as demandas a nivel competitivo e imposible traballalas de modo que o índice de lesións ascende a uns niveis preocupantes. Neste sentido consideramos que trala volta á rutina os equipos que mellor dosfiquen minutos e conten con planteis amplios poder sair beneficicados ou menos perxudicados, segundo se mire.

– Canto é de importante cos xogadores sigan unha dieta durante estos días e en qué consistiría? Qué alimentos deben evitar? O manter o peso ideal é un factor determinante para o rendemento, e nese sentido o Corpo Técnico formulamos unha serie de recomendacións moi básicas, como evitar as bebidas carbonatadas e ricas en azúcar, os lácteos e os seus derivados, bollería industrial, productos ricos en grasas saturadas e en sal a favor dunha dieta variada con moito producto vexetal e elaboracións á plancha e cocidas en detrimento das fritas, unha correcta hidratación e rehuir de ceas copiosas.

– Algo que engadir, Cristóbal? Sí, mandarllo moita forza eánimo a todala familia choqueira nestes intres tan difíciles que estamos a vivir.