“Hai goles que doen máis que outros, pero os porteiros temos que ter a cabeza fría, levantarnos e seguir, para manter ao equipo no partido”.

Chegou a gardameta un pouco por casualidade “vinme de Canarias a Galicia e no colexio preguntáronme, a modo de presentación diante de todolos meus compañeiros, se me gustaba o fútbol e de que xogaba e púxenme tan nervioso que lle dixen de porteiro e ata hoxe” polo que de vocacional, no seu caso, nada tivo a elección de colocarse baixo paos “cadrou así como todo na vida”.

De non ser asi quizáis estaríamos falando cun dianteiro, posición na que empezou a descubrir esto do mundo do fútbol, máis iso xa nunca se saberá. O que si é un feito e que a traxectoria de Cortegoso e longa; e como a experiencia sempre é un grao, imprescindible na portería do CD Choco e últimamente tamén na lista do seleccionador galego, Iván Cancela.

Resulta compricado falar do club choqueiro sen mencionar a Cortegoso e viceversa, pois aínda que o xogador co ton irónico que sempre lle caracteriza asegura non recordar as tempadas que leva no equipo redondelano, con esta xa son 13. Aínda que antes de recalar en Redondela pasou polo Arcade, Pontevedra, categorías inferiores do Celta, Coruxo, Bouzas, Portonovo e Gondomar.

Tempo suficiente para ser merecedor do brazalete de capitán o cal asegura “non me pesa porque aínda que son capitán non son un líder, que son cousas diferentes. No vestiario hai compañeiros que son máis lideres ca min. Eu son capitán por veteranía pero isto non quita que faga a miña labor como tal; que é a de xestionar ao grupo, axudar aos meus compañeiros ou falar co adestrador ou Presidente para arranxar calquera problema”. Un brazalete que non lle pesa, pero sen embargo parece un xogador con bastante peso dentro do vestiario “fanme caso por ser o mítico, o de toda a vida”, de novo a ironía fai presenza nas palabras de Cortegoso.

De todalas maneiras, según o xogador co vestiario que hai non é compricado “todos os anos temos un vestiario maravilloso no que todos encaixamos a perfección. Hai un moi bo grupo, parece que se encargan de atopar a xente coa que é sinxelo facer piña. Dende que estou aquí non recordo que houbera mal rollo entre ninguén ou algunha tensión. Penso que cada ano é mellor”. Aspecto que adquire relevancia cando as cousas non van ben “porque cando todo sae ben parece que xa por inercia todo vai para arriba e deixas un pouco de lado o tema vestiario, pero é cando as cousas non marchan tan ben cando é importante o vestiario e que sexamos unha piña”.

E así o demostraron cando o equipo pasou unha mala racha de resultados na primeira volta, “bendita mala racha” comenta Cortegoso “o que acontece é que comezamos a Liga moi fortes e obviamente non vamos a gañar todos os partidos. É verdade que penso que temos menos puntos dos que merecemos, pois non lembro partido que perderamos xustamente mais non hai que esquecer a complexidade desta categoría na que todolos partidos son compricados e na que calquera che pode gañar”.

Logo da primeira volta, non sabemos se Cortegoso firmaría a sétima plaza que ocupa actualmente o CD Choco “a principio de tempada quizáis si a firmase pero agora mesmo penso que estamos capacitados para estar nos catro primeiros postos, así que deixo a firma a medio facer”.

Centrándonos na faceta de porteiro, Cortegoso recoñece que é moita a responsabilidade que teñen “pero é bonito tela” porque para o capitán choqueiro unhas das cousas que todo gardameta ten que ter “é cabeza” algo de primeiras obvio, “se che meten un gol, é un erro que é moi visible ademais de ser o derradeiro no que a xente se fixa. Se erra o medio centro está o defensa para arranxalo, se erra o defensa está o porteiro, pero se erra o porteiro…, non hai ninguén. Nestes casos é cando temos que ter a cabeza fría, levantarse e seguir o partido coma se nada”.

Pero como é lóxico hai goles que doen máis que outros “obviamente un sempre quere deixar a portería a cero, pero tamén é verdade que os goles nos que un erra sempre doen máis, ou aqueles que encaixas no minuto 89 cando xa tiñas asegurados os puntos, ou naqueles finais nas que te xogas algo, neste caso lembro cando un ano antes de ascender valíanos o empate e perdimos no minuto 88”.

Se nos paramos a pensar, os que non experimentamos a sensación de estar baixo paos, e dificil de entender que alguén se poña a tiro de balón por vontade propia pero como ben di Cortegoso “todo se adestra, e tan sinxelo como saber colocarse baixo a portería, como pór o corpo, como caer, a posición…”. Pero tamén todo porteiro debe ter cualidades como “unha forte personalidade, que vexan que dominas o teu área, ser bo cos pés e predisposición para aprender dos erros e para manter ao equipo sempre no partido”. Pero o máis importante e o disfrute, razón pola que Cortegoso insiste en que “se o neno quere ser porteiro hai que deixalo e facer que loite por isto sin esixencias porque están para disfrutar deste deporte”. Admirador de todolos xogadores que forman a base choqueira “eles si que teñen mérito adestrar como adestran ao marxe, en moitas ocasións, das condicións metereolóxicas adversas”. Aínda que nunca adestrou a un equipo base non descarta que “logo de colgalos guantes me entre o gusanillo”.

Non sabemos por cantos anos máis os siareiros choqueiros poderán disfrutar de Cortegoso pois é algo que o xogador nin tan sequera se plantexa “porque non me gusta planifcalo todo, son de vivilo momento, todo dependerá do tema laboral e, ademáis, das responsabilidades coma pai, teño un rapaz, así que vou tempada a tempada”.