O combiando galego xogará un partido preparación contra o Bergantiños FC coa finalidade de preparar a eliminatoria ante o País Vasco.

Os dous xogadores choqueiros, Cortego e Vitra, de novo foron convocados polo seleccionador galego Iván Cancela para o partido de preparación contra o Bergantiños FC que se celebrará o mércores 22 de xaneiro no Campo Municipal As Eiroas a partir das 19.00 horas.

A Selección Galega de Afeccionados xogarase o pase á Final da Copas das Rexións Uefa logo de superar a Castela A Mancha e a Ceuta. Un pase a Final que se disputará o mércores 12 de febreiro ante o País Vasco na Cidade de Fútbol de Las Rozas en Madrid a partido único. Pero para elo terá que pasar a Fase Intermedia ante o País Vasco.

O combinado galego están convocados o mércores as 17.30 horas.