Os xogadores choqueiros xogarán a Fase Final da XII Copa Rexións UEFA

Unha vez máis Cortegoso e Vitra, xogadores do CD Choco, recibirían a semana pasada a chamada do seleccionador de Galicia, Iván Cancela, para disputar a Fase Final da Copa Rexións UEFA. O combinado galego viaxará este luns a Madrid para disputar as semifinais contra a Selección de las Islas Baleares, o martes as 10:30 horas. Entrementes a outra semifinal xogarase ás 13.00 horas entre a Selección Extremeña e a Selección Andaluza. Todas elas celebraránse na Cidade de Fútbol das Rozas.

A gran final, que medirá as dúas mellores seleccións das distintas federacións territoriais, disputarase o mércores 11 de marzo. O gañador deste derradeiro envite representará a España na XII Edición da Competición Internacional.