Este mércores ás 20.00 horas o CD Choco viaxa ao campo do Somozas para disputar os cuartos de final da fase de ascenso.

Tan so unha, unha oportunidade será a que teñan os de Gonzalo Fernández para seguir avanzando de cara a final da fase de ascenso á 2ª RFEF.  E falamos dunha soa porque até o momento é coa que conta, xa que cada un dos partidos serán eliminatorios e como adiantamos en novas anteriores, ao CD Choco so lle vale gañar.

E con esta intención viaxan o mércores para a cita establecida para as 20.00 horas na que os de Gonzalo Fernández aspiran a dar a sorpresa posto que parten con desventaxa respeto aos rivais, clasificatoriamente falando. E que primará ante un empate o posto na clasificación, xa que haberá prórroga pero non penaltis.

O Somozas finalizou a tempada en terceriro lugar con 82 puntos entrementes o equipo redondelá o faría no sexto posto con 62 puntos.

Aínda que nesta tempada os dous equipos non se enfrontaron sí o fixeron noutras ocasións; polo que son dous vellos coñecidos.

Mañá mércores ás 20.00 horas comeza a aventura do Play Off para o equipo redondelá ao que seguro, aínda lle queda moito que dicir.