O Sénior e o Xuvenil División de Honra loitarán por obxectivos diferentes

Logo de rematar a primeira fase da competición ligueira tanto na categoría da Terceira División como na do Xuvenil División de Honra, esta fin de semana comenza a segunda fase para o equipo Sénior. Pola contra os xuvenís de Alberto Suárez terán que esperar até o fin de semana do 11 de abril.

Diferentes son os obxectivos polos que loitarán os de Fernández e Suárez. Entrementres o Sénior pelexará por conseguir unha das dúas plazas que lle den dereito a xogar o Play Off de ascenso, os xuvenís tratarán de salvala categoría. No que si coiniciden ambolos dous equipos é que comezarán dita fase xogando fóra do feudo redondelá. O equipo de Gonza en terras coruñesas e os de Alberto en Gijón.

Semanas de fútbol son as que quedan por diante onde a emoción e o sentimento choqueiro seguirá latendo como mostra que o CD Choco segue vivo.