Falamos con Joel e Álex, dous xogadores do Infantil A, que levan toda a súa formación deportiva no clube redondelano.

Álex Míguez e Joel dous xogadores da canteira choqueira cos que falamos esta semana. Temesiños debuxaban unha sorrisa de complicidade entrementres contestaban as nosas preguntas.

Ámbolos dous comezaron nesto do mundo do deporte xogando ao fútbol sala no Casa Paco onde estiveron dende os 3 aos 6 anos de idade que foi cando cambiaron o parqué polo céspede porque tamén coinciden en que “gústanos máis o fútbol campo que o sala”. E iso que teñen que adestrar con condicións climatolóxicas adversas, frío e choiva, pero tal e como nos asegura Joel “ao final acostúmaste”.

Traxectorias paralelas as dos xoves xogadores, que tamén comparten equipo na categoría infantil a pesar da diferencia de idade. 13 anos Joel e 11 Álex que adestra co Infantil A aínda que é xogador do Infantil B. Coa humildade e picaresca propia da idade Álex nos asegura que “non sei moi ben que viron en mín para chamarme para adestrar con eles” e tamén que “adestro máis co A pero xogo máis co B”. Sea como fora, o importante e que están aprendendo por iso subliñan que o que máis lles importa é “disfrutar do deporte” aínda que tamén son competitivos, un máis co outro, porque mentre Joel confensa que “voume mal cando perdemos un partido”, Álex asegura que “as derrotas me afectan pero non moito”. Quizá o grao de responsabilidade pésalle máis a Joel por ser o capitán do equipo redondelano. “Levar o brazalete de capitán é unha responsabilidade porque teño que mandar algunhas cousas aos meu compañeros e non sempre me fan caso e me enxo aínda que se enoxa máis por este motivo o noso adestrador, Pascual”. Responsabilidade a de Joel que tamén se palpa cando aínda consciente de que está nunha categoría no que o importante é a formación e sabedor de que “competimos na Liga Galega e podemos descender así que aínda que non temos presión sí a responsablidade de non descender”. Razón pola cal, dependendo do equipo ao que se enfrenten, prefiren a victoria ao disfrute, e viceversa. E así nolo constata Álex cando afirma “cando te enfrontas a un equipo que sabes que non vas gañar pois oie, xa vas coa mentalidade de disfrutalo, pero nos que sí sabemos que temos posibilidades só pensas na victoria”.

Os dous rapaces teñen moi bo referente no equipo sénior ao que siguen e acuden a animar cando os estudos o permiten. Álex e Joel teñen o seu xogador preferido, Alberto Suárez e Comis, respectivamente, cos que se sinten moi identificados pola posición na que xogan. Joel non agocha o seu desexo de poder, algún día, xogar co seu ídolo mais “non o vexo posible”.

Álex e Joel, Joel e Álex, ambolos dous están nunha idade na que os imposibles aínda se tiñen de posibles e os soños se constrúen dende o ceo e non dende a terra por iso Joel ansía “poder dedicarme profesionalmente ao fútbol e enecantaríame chegar a xogar no Barcelona”.