O extremo chega a un acordo co club para ampliar o seu compromiso por un ano

Yerai Couñago, xogador redondelá renovaba o compromiso co club da súa terra natal por unha tempada máis. “Sempre é un luxo poder xogar na casa”, afirmaba o xogador tralo apretón de mans co presidente da entidade deportiva, Iván Crespo, trala sinatura que formalizaba a relación entre ámbalas dúas partes. O xogador que se formou nos equipos base da Vila dos Viaductos experimentou este deporte a nivel internacional até que finalmente decidiu establecerse definitivamente en Galicia; onde tamén bebeu da filosofía doutros clubes galegos.

Pero con esta renovación o xogador suma 3 tempadas consecutivas no club choqueiro xa que ano tras ano estase a convertir nunha peza importante no esquema do adestrador, Gonzalo Fernández.  E que Yerai é un xogador moi rápido e habilidoso, con desoborde, chegada e gol.

Yerai espera que esta tempada se poidan resarcir da pasada e cumplir o obxectivos dos que se quedaron ás portas.