O xogador admite que tivo dubidas sobre  si colgalas botas

Quizáis non pille a ninguén de sorpresa a continuidade de Carlos Rodríguez, máis coñecido por Caloi, no equipo da súa Vila, o CD Choco, logo de velo disputar os partidos amigables desta pretempada. Pero non foi doado convencer ao xogador para que seguise unha tempada máis non só vestindo a camisola choqueira senón básicamente xogando. Caloi tiña moitas dúbidas e tardou en decidirse por “temas laborais porque non sabía se podería compaxinar traballo e adestramentos” pero tamén pola “incertidume sobre cómo ía ser esta tempada vendo como rematou a anterior”. Razóns todas elas que “me animaban a colgalas botas”.

Pero como sempre tira máis a paixón que a razón, os siareiros choqueiros poderán disfrutar do xogador un curso ligueiro máis. Seguindo o fío argumentativo das súas dúbidas preguntámoslle cómo ve o novo formato competicional e por ende o grupo onde competirá o CD Choco. Caloi é claro ao respecto e opina que “ao non producirse descensos o ano pasado, hipoteca toda esta tempada. Entendo que fagan subgrupos por proximidade e polo feito de que se poidan suspender partidos pero para mín non é o ideal. De feito penso que o Grupo Sur é moito máis forte que o Norte aspecto que, a nivel de puntos vainos a perxudicar de cara a segunda fase. Pero como todo, será bo se nos sale ben e nos queixaremos se nos sae mal”.

Caloi afronta este curso como unha tempada para “sobrevivir non só no aspecto deportivo, que tamén, senón no económico. Hai clubes que teñen o apoio económico de grandes empresas mais non é o caso do noso club, polo que non queda outra que intentar aguantar este ano, xa que non temos unha empresa potente que nos respalde”. E ao que se refire ao aspecto deportivo pensa que “é unha tempada moi importante para os xogadores xóvenes tales como Mario ou Martin, xa que eles non poden perder un ano de competición e deben saber aproveitalo porque lle poden sair moitas oportunidades”. E con respecto ao clube “superar o ano e intentar non baixar, porque este ano descenden 8 equipos. Non vai ser un ano fácil e vai a estar marcado pola evolución dos xóvenes xogadores polo que non podemos marcarnos cotas maiores ca do ano pasado. Temos que intentar salvar a categoría canto antes e logo, coma sempre, unha vez logrado este primeiro peldaño, pensar en obxectivos maiores”.

Caloi é un dos xogadores veteranos que continua no equipo. Un plantel que conta con moitas caras novas; “o CD Choco ten unha metalidade moi marcada e ten moi claro ao que quere xogar. Gonza para iso é moi listo firmando a xogadores para seguir ese modelo, polo que xa chegan con moito rodado. Nese aspecto non terán moito máis problema”. E a nivel vestiario Caloi afirma que “nunca hai problema no CD Choco” aínda que sí que é verdade que a situación sanitaria que estamos a vivir condicionou a forma de relacionarnos socialmente, aspecto que afecta tamén a este deporte xa que “este ano é moito máis compricado que nos coñezamos máis a fondo porque non podemos facer reunións de equipo fóra do campo que é onde se encaixa todo mellor e polo tanto o fútbol perde parte da súa esencia. Tamén estamos limitados porque agora nin xuntos nos podemos cambiar. Pero insisto, no CD Choco é moi fácil adatarse, non hai que facer nada porque a xente veterana como Cortegoso facilítanlle a entrada”.

 E que espera Caloi a nivel persoal? “facer un bo ano, porque neste sentido os futbolistas somos moi egoístas e queremos o mellor para nós”.