Falamos co xogador redondelán que nos asegura que “o xusto sería finalizar a competición aínda que son dos que penso que se suspenderá porque non vexo unha liga amateur disputándose en xuño e xullo

Despois da ampliación de 15 días máis de confinamento por parte do Goberno como medida combative contra o COVID -19, seguimos a falar cos xogadores do equipo Sénior. Nesta ocasión o facemos con Carlos Rodríguez, ao que todos coñecemos como Caloi, xogador da casa, quen nos amosa o seu día a día nesta situación atípica para todos; móstranos os seus pensamentos sobre o presente encamiñado a un futuro incerto e nos descubre algúns aspectos persoais que nos permitirán coñecer mellor ao xogador.

Como redondelán amósase moi “orgulloso de cómo o equipo e a directiva están representando a Redondela por toda Galicia” porque como coñecedor do club que é, no que empezou a súa carreira futbolística con 6-7 anos, “o club sufriu un cambio radical grazas á directiva actual xunto con xente que xa non está, e con Xacobo e Marcos Montes. Lembro que cando tiña 18 anos o CD Choco xogaba en preferente e era todo moi amateur” polo que a diferencia do club por aquel entón até a actualidade está na “profesionalidade da entidade deportiva”.

Con 33 anos, leva toda unha vida adicado a este deporte no que foi crecendo non só no club redondelán senón tamén noutros como no Alondras, en Terceira División, no Coruxo en 2ªB ou nunha etapa internacional, en equipos filandeses. E que para Caloi o fútbol “é a miña vida. Ao ser un deporte colectivo termiña por engancharte pola cantidade de xente á que coñeces e coa que convives, e algunha destas persoas xa se quedan na túa vida para sempre como amigos, e isto é o máis bonito”. E quizáis sexan recompensas como a amizade o que faga que adestrar a última hora da tarde catro días a semana, independientemente das condicións climatolóxicas, e logo dunha longa semana de traballo, Caloi traballa nunha axencia de representación e intermediación de futbolistas, máis os partidos da fin de semana, non sexa un sacrificio para o xogador ao contrario “isto é o que me fai ir a adestrar e a xogar; para min non é un sacrificio, tamén porque a retirada está máis preta polo que intento disfrutalo todo máis”.

De feito, Caloi se algo destaca do vestiario actual é “a calidade humana dos meus comañeiros e do corpo técnico. Creo que Gonzalo ten moita culpa de que así sexa porque non só ficha a bos xogadores sinón tamén a boas persoas”. Un vestiario ao que define como “comprometido, atrevido e divertido”.

Como en todalas etapas da vida sempre hai algún momento máis especial ca outros como tamén xente que non pasará desapercibida para un. Caloi o ten claro se tivese que quedarse cun momento vivido no equipo da súa vila sería “o ascenso á Terceira División en Marín xa que penso que dende ese momento o CD Choco non para de medrar tanto dentro como fóra do campo” e relacionaría indiscutiblemente co club aínda co pasos dos anos “ao presidente Iván Crespo e toda a directiva, como adestradores a Marcos y Jacobo Montes, a Nacho Molinos como capitán e Pablo Couñago como xogador”.

Centrándonos xa na actualidade que non deixa de ser outra que o COVID – 19 polo protagonismo alcanzado; xa que foi quen de parar a vida do noso país, e polo tanto do mundo deportivo. Un parón que a nivel personal Caloi “o levo ben porque sempre fun bastante familiar e quedarme na casa no é un problema”. Quizás sexa unha persoa metódica pois “establecín para estes días unha rutina bastante estricta: teletraballo, exercicio, contacto coa xente por medio de videollamadas e algunha que outra película ou serie”, rutina que lle axuda levar mellor a cuarentena. Na parcela física segue as recomendacións do preparador fíicoso, aínda que é máis riguroso en canto ao exercicios físico que a dieta equilibrada “o exercicio o levo con moito rigor mais a dieta costa un pouquechiño máis, en ocasións é inevitable a tentación de facer unha visita a neveira”.

Ao marxe destas obligacións tamén ten tempo para aquelas actividades de ocio como a lectura, e o libro que nos recomenda é “El poder de confiar en ti”, o cine, recomendandonos “Braveheart” ou a serie “Prison Break” o a música como a de “Leiva”.

Unhas das incertidumbres destes días e si se retomará ou non a competición ligueira. Se ben é certo que todo son suposicións xa que é imposible traballar con certezas porque ninguén sabe a data da volta a normalidade. Son diversas as opinións arredor deste tema. Caloi, por exemplo é dos que pensa que se vai suspender a competición porque “non vexo unha liga amateur como é a Terceira División xogándose en xuño e xullo” aínda que tamén cre que “o máis xusto sería rematar a liga e que todo o mundo teña o que se merece logo dos 38 partidos disputados”. De feito o xogador pensa que “de reanudarse será unha liga completamente diferente xa que as dinámicas tanto boas como malas xa son pasado e polo tanto hai que comezar de novo”. Como de cero tamén terían que volver os equipos, sendo recomendable unha especie de pretemporada antes de voltar ao terreo de xogo, porque logo de tanto tempo sen facer exercicio os futbolistas serán máis propensos as lesións “é imposible manter un estado de forma óptimo adestrando só, sen o material adecuado e na casa ou piso”.  Por eso Caloi non ten moi claro se o retomar a Liga beneficia o perxudica ao xogador.

Lembramos con Caloi como estaba o equipo antes deste parón clasificatoriamente falando. O CD Choco posicionábase en quinto lugar a catro puntos dun posto de play off “o vestiario estaba convencido de seguir adestrando como o viñamos facendo e unha vez conseguidos os puntos da permanencia, sin poñernos metas, ser conscientes de que podíamos ser uns dos cinco equipos que optaban á 3ª e 4ª praza xa que a 1ª e 2ª para nós estaban claras”.

Teremos que esperar a ver que decreta o Goberno primeiros e as Federacións despois para ver que pasa coas competicións deportivas, mais de momento só cabe pensar en levar o mellor posible o confinamento e que cando chegue o momento de decidir se tome a decisón menos mala para todos.