O club redondelano ultima o plantel antes do comezo da competición ligueira.

O Club Deportivo Choco prosegue perfilando o plantel do equipo sénior. Nos últimos días incorporáronse ao equipo xogadores que fixeron a pretempada nel, mais o caso de Antón Vázquez é diferente. O medio centro chegou esta mesma semana e xa comezou a adestrar co equipo.

Logo de pasar o reconñemento médico, Antón Vázquez era presentado en Santa Mariña. O xogador procede do Pontevedra CF onde militou as últimas 6 tempadas e cando recibiu a chamada do club redondelano non dubidou en cambiar de cores porque “encántame o seu estilo de xogo e porque é un club con moita historia no fútbol galego”.

E chega a Redondela coa finalidade, como non podía ser doutra maneira, “de xogar” aunque como ben se sabe terá que pelexar por seu posto “vou a dar o máximo en cada adestramento para intentar gañarme minutos nos partidos”. Pero Antón é consciente que non o terá fácil, a competencia e moita, así que se terá que emplear a fondo. Por iso quizáis marcouse como obxectivo persoal “estar ao 200 por cento durante toda a tempada para poder axudar ao equipo a conseguir todo o que nos propoñamos”. Logo dun par de adestramentos Vázquez sinala que “aínda que levo pouco no equipo, estoume a adaptar ben porque o sistema é moi parecido ao que veño xogando e o estilo tamén”.

En definitiva, Antón Vázquez amósase moi contento trala súa chegada ao CD Choco, “no vestiario xenial dende o primeiro día; teño moi bos compañeiros e moi bo corpo técnico”. De feito está seguro, que vendoos estos días adestrar “faremos unha gran tempada e seguro daremos algunha sorpresa”.