O equipo choqueiro rentabiliza unha moi boa primeira parte cos goles de Davicin (3), Mario e Martín Rafael.

O CD Choco afrontaba o seu tercer amigable da pretempada; nesta ocasión recibía o Xuvenil División do RC Celta en Santa Mariña nunha nova xornada de portas abertas, aínda que eso sí, respetando todolos protocolos sanitarios.

Comezaba o partido con os dous equipos intentando levar a inciativa do encontro dende os inicios mais pronto os plantel choqueiro fíxose co control do xogo e da posesión do esférico que manexaba ao seu antoxo. Un bo tratamento de balón, con un bo xogo combinativo que pronto tería recompensa para xogadores e a afición que se animou a alentar o seu equipo dende as bancadas nesta mañá de sábado.

Un gol tempraneiro de Davicin, que adquiriría protagonismo pola súa eficiencia goleadora, ao minuto 3 do encontro abriría a saca e estrearía o luminoso subindo o primeiro tanto do partido. Nas idas e venidas de ambolos dous equipos, os xuvenís do RC Celta non eran quenes de crear perigo na portería defendida por Kevin. Sen embargo, as acometidas do bloque choqueiro poñían en jacque o equipo celeste. De feito, tan só 4 minutos despois do primeiro gol, chegaría o segundo firmado por Mario.

A comodidade do equipo redondelá era evidente o que se reflexaba no terreo de xogo e na conta goleadora do equipo que no deixaba de crecer. De novo Davicin, entraría en escea cun terceir tanto e tan só 3 minutos despois sería Martín Rafael o artífice do cuarto da mañá logo dun moi bo pase de Félix.

Aínda con catro goles de ventaxa os equipo choqueiro non deixaba de acometer chegadas a portería do porteiro rival insistindo sobre as redes do equipo celeste. No 33’ chegaría o derradeiro tanto da primeira parte.

Co 5-0 a favor do equipo redondelá comezaría unha segunda parte na que se viron boas xogadas de ámbolos dous bloques, pero ningunha das chegadas á portería rival tiveron recompensa polo que o marcador non mudou de díxitos finzalizando o encontro co 5-0.

Final do partido: CD Choco 5- 0 Juvenil A RC Celta.