O canterán redondelán formará parte do primeiro plantel choqueiro.

Toda unha vida portando o mesmo escudo, o do CD Choco, polas distintas categorías do club redondelano. Toda unha vida tamén tendo como referente ao primeiro equipo ata cual aínda lle quedaba moi lonxe para chegar mais “xa, dende fai un par de anos cando empezas en xuveniles, comezas a pensar onde queres xogar e xa cando empezas a adestrar con eles xa pensas que poder xogar en ese equipo estaría moi ben”. E ao final chegoulle ese momento de vestir a camisola do primeiro plantel e para Álex é “un soño cumprido”.

Non nega que nalgún momento soñase con este momento pero “pola miña forma de ser non contaba con que contasen conmigo para esta tempada” de feito aínda que fixo toda a pretempada co sénior “sempre tiven idea de que podía quedar fóra para esixirme máis e máis cando non empecei de todo ben por culpa dunha lesión. Tiña dúbidas de se ía quedar ou non, e ao final tiven a sorte de que Gonza quixera contar conmigo e aquí estou”.

Hai que decir que Álex Figueroa xa está totalmente recuperado da lesión, polo que Gonza ben pode contar con él para a primeira convocatoria da tempada, unha xornada que se celebrará este domingo ás 17.00 horas en Santa Mariña.

Figueroa admite que cando Gonza lle comunicou que contaba con él para o primeiro plantel “quedei aliviado e ilusionado ao mesmo tempo”. E con algo de responsabilidade polo que se toma esta tempada como “un ano para aprender e esixirme para mellorar e intentar facerme un hoco no equipo. Non busco unhas metas super esixentes porque ao final é o primeiro ano, cambio de categoría e chego a un equipo que, aínda que me coñecen, non deixo de ser novo e teño que gañarme un sitio”. A humildade do xogador non lle permite nin tan siquera pensar na titularidade “buscar a titularidade son palabras maiores, son metas que non me plantexo aínda porque son demasiado altas, e dicir, vou a ir semana tras semana intentando mellorar e o que teña que ser que sexa”.

Despois dunha pretempada na que o equipo sénior disputou uns cantos partidos amigables, Álex ve ao equipo “con moitas gañas e con moito ritmo. Os adestramentos están sendo moi bos e non hai queixa. A pretempada vino ben, creo que non vamos a ter problema para comezar forte a tempada.” Forza ou non o que sin é seguro que “son moitas a gañas de empezar a competir porque son moitos meses sen xogar e bótase de menos”.