Falamos co capitán do equipo xuvenil que nos transmite a alegría do seu equipo ao certificarse o ascenso a División de Honor, por primeira vez na historia do club.

Tras confirmarse o ascenso a División de Honor do equipo xuvenil, falamos con Álex o capitán do conxunto vermello que se amosaba feliz coa nova. Unha felicidade, como non podía ser doutra manera, compartida por todo o equipo es así nolo contaba o xove xogador “estamos moi felices e satisfeitos por ver que o esforzo de todos tivo unha grata recompensa. Nada máis saber a noticia comezamos a falar polo grupo de WhatsApp que temos, para felicitarnos”. Aínda que todalas informacións que nos chegaban facían presexiar este final de tempada, Álex nos recoñece que “aínda nestes días os adestradores pedíannos tranquilidade e que deixásemos de lado o que acontecese coa resolución da tempada”.  Petición complexa, “persoalmente penso que todos nos moríamos de gañas de saber si se confirmaba o ascenso e a verdade”, pois estaban a piques de conseguir un hito histórico para o club e así fixeron. Álex trasládanos a satisfación que todo o equipo “por formar parte dun hito histórico, de conseguir este logro xa que fai uns anos era un obxectivo difícil de alcanzar e parecía máis un sono cunha realidade. Agora que se fixo real, penso que é algo que temos que disfrutar e intentar conservar para seguir facendo crecer ao club”.

Á pandemia que estamos a sufrir, marcou o final precipitado de todalas competicións deportivas e aínda que “o ideal sería ascender coa tempada rematada”, admite Álex, “chegados a situación na que estamos, e vendo que era imposible a volta aos terreos de xogo, ao final acatamos esta solución que tamén nos satisface”. Por iso cando a normalidade volva a instaurarse nas nosas vidas, o xuvenil de Alberto Suárez non dubida en que “por suposto que ímos celebrear, de feito foi un dos primeiros puntos a tratar cando falamos polo grupo, jajajaja. Pensamos en facer unha cea, algo que xa fixemos ao inicio da tempada e que soemos facer sempre cando remata o ano. Polo tanto nesta ocasión non será unha excepción e con máis motivo será un pouco máis especial”.

Aínda que é demasiado cedo para falar da próxima tempada, no equipo “somos conscientes que a próxima tempada será muy complicada, pero tamén vai a ser moi bonita”, aínda que non todos os que están poderán disfrutala porque por idade tócalles dar o salto a unha categoría superior, entre eles, ao propio Álex que nos recoñece que a próxima tempada lle gustaría que fose “no CD Choco, pero a verdade é que é moi complicado. Todolos anos se demostra que é un equipo con xogadores de moito nivel; pero por suposto que me encantaría estar a tempada que ven xogando aquí”.E que Álex leva xogando toda a súa vida no club choqueiro.